10.12.07

Xavier Alcalá. Unha falsa luz

Recoméndovos ós bachareis que vos acheguedes a esta terceira parte da triloxía titulada Evanxélica memoria. Atoparedes nela unha historia novelada da presenza evanxélica no noso país.
Na novela á que se refire o artigo enlazado, Xavier Alcalá narra a memoria dos feitos máis salientables da historia do século XX dende a guerra civil.
Aqueles que teñades un sentimento relixioso tamén aproveitaredes a forma -unha delas- de vivir a fe, de conciliar vida e crenza.
Non pensedes, así e todo, que o protagonista narrador é un beato santulario. Ten moi bo ollo clínico para diagnosticar a caste de xente coa que se vai cruzando. As dificultades sufridas volvérono espelido.
A obra resulta de lectura agradable e cómpre facelo sen présa. Será de especial utilidade para aqueles que teñades un certo pendor pola historia e pola sociedade.

Ningún comentario: