18.4.12

Xosé Tomás. Nómades

Imaxe da Editorial Galaxia.
Oito nomes de muller (Fátima, Sasha, Mercedes, Asunción, Lupe, Ghalia, Alma, Nawal), oito vidas asolagadas na necesidade, oito países de orixe, mais só dous mundos (o rico e o pobre) e un único drama: o da emigración.
Nas notas do autor achamos a confirmación das claves que o lector puido ir descubrindo no proceso de lectura destas microhistorias:
a) “Na figura da muller atopei o ser humano que ten que sortear máis obstáculos” (p. 76).
b) Protagonizan as historias “persoas que loitan por manter o que son” (p. 74).
c) A melancolía --que tamén sente o lector-- é o pano de fondo das historias e o bálsamo para as feridas (p. 77).
Os lugares de saída e chegada das emigrantes son distintos, pero o lector non repara tanto en nomes xeográficos concretos como nas relacións que se establecen entre xentes do primeiro e do terceiro mundo, gobernadas pol a necesidade, a desesperación, a valentía, a xenofobia...

Imaxe: xosetomas.com

Cada microhistoria é persoal e independente. Mais hai dúas interrelacionadas: a primeira (Fátima) e a derradeira (Nawal). A protagonista desta última representa para a nai (Fátima) a forza necesaria que a salvou do naufraxio na travesía e na terra de chegada. Nawal dinos que súa nai a considera “filla do mar”. Para o lector as dúas historias son dúas caras do feito migratorio: o pasado sufrido pola nai e o futuro do que pode gozar a filla, xa integrada na terra de acollida.

Sitiografía



Xosé Tomás, Nómades. Galaxia, Vigo, 2011.

16.4.12

Noticias de literatura-123. Abril 2012

Imaxe: La Voz de Galicia.
Os xogos olímpicos de Ningures é unha recompilación de relatos breves, cada un sobre un deportista procedente de Ningures, unha terra tan propicia para o deporte -os personaxes do libro compiten en case todas as disciplinas existentes- como descoñecida (La Voz de Galicia, 02-04-2012).
Jean M. Auel, O clan do oso das cavernas (Punto G Edicións):
Imaxe: La Voz de Galicia.
Conta a historia de Ayla, unha nena cromañón que despois dun terremoto perde a súa tribo. A piques de morrer, é rescatada por unha tribo de neandertais e sandada pola súa curandeira, que a acolle como a súa filla adoptiva (La Voz de Galicia, 09-04-2012).
Pedro Feijoo presenta Os fillos do mar:

La mafia actual, los líos familiares, la Guerra Civil y el nazismo, más el Cristo de Maracaibo de la batalla de Rande marcan los flashbacks y enganches de una historia con ritmo rápido y de fácil lectura que conecta con el lector con su lenguaje de impronta coloquial y humor (Faro de Vigo, 09-04-2012).
Pedro Feijoo. Foto: Jesús de Arcos/Faro de Vigo.
Manuel García Barros (Ken Keirades), na lembranza:
El 12 de abril de 1972 fallecía uno de los insignes galleguistas, periodista y escritor nacido en tierras de Tabeirós, Manuel García Barros, conocido también popularmente por el seudónimo de Ken Keirades. Cuarenta años después de su muerte, quienes le conocieron y aquellos que quieren mantener viva su memoria organizaron una serie de actos como homenaje a su persona y obra (El Correo Gallego, 15-04-2012).
A esmorga (Eduardo Blanco Amor) en inglés:
Tras pasar por sendas traducciones al francés y al italiano, A Esmorga, una de las obras más significativas de la literatura gallega, dio ayer otro paso con su presentación al idioma universal de William Shakespeare (Laopinioncoruña.es, 16-04-2012).

7.4.12

Valentín Paz-Andrade. Galiza lavra a sua imagen

Imaxe: web dedicada a Valentín Paz-Andrade.
Galiza lavra a sua imagen é un libro epigonal. Non se trata dun testamento intelectual, pero debe considerarse un perpiaño máis na construción do edificio do país. Dátao na súa casa de Samil en 1984 e ve a luz o ano seguinte. Quéixase Valentín Paz-Andrade ó editor da tardanza da publicación (“ O livro Galiza lavra sua imagem estase facendo vello antes de saír do prelo”; Paz-Andrade, Epistolario. Carta a Isaac Díaz Pardo, 6-5-1985), mais non é un libro que se arruíne co paso do tempo, porque o que nel se trata está nos alicerces do país. Neste sentido podemos dicir, usando unha palabra do propio autor, que é unha obra “endorresistente”.
No limiar distingue o autor entre dous conceptos: personalidade e imaxe. Ambos os dous insertos no mesmo corpo e conformados pola “mesma relación consciente e responsábel dos cidadáns coa súa terra” (p. 8). Recoñece no limiar que se trata dun libro misceláneo, de variada temática unida por unha “coordenada subxacente” (p. 12), isto é, o fío da vida do país, que se vai tecendo coas vidas e obras das súas xentes, contempladas no seu conxunto. Nesta obra, Valentín Paz-Andrade convida a rematar a sementeira e a aprender a aproveitar as colleitas (p. 13).
Este conxunto de ensaios trae á memoria do lector aqueloutro libro fundacional do rexurdimento literario. A Galicia cómprelle un cambio de imaxe. Ás xentes de cada momento só teñen que seguir o exemplo e a actitude doutros coterráneos que co seu saber e o seu facer foron marcando o camiño e creando tradición.
Sostén Paz-Andrade que a un país non o conforman só as súas xentes. Recolle unha cita de Ganivet que reza: “Lo más permanente de un país es el espírito del territorio” (p. 17). Defende esta tese na parte titulada “Semiótica da paisagen”. Cada terra ten o seu símbolo, a súa árobore, a súa flor, o seu paxaro produtor da melodía do país (p. 24). Mais non é soamente a semántica da paisaxe a que conforma a personalidade do país. Tamén está o xenio das súas xentes e da elite creadora. A lingua é a máis grande obra colectiva e a máis identitaria: o carné e biografía de Galicia; pobre na casa e rica na expansión, pero xa fóra do control dos creadores orixinais.
Canda a lingua, pon Paz-Andrade a obra de pintores, arquitectos, científicos, literatos, publicistas... como esteos da personalidade do país e configuradores dunha imaxe coa que presentarse dignamente ante o mundo. Mais non se pense que Galiza lavra a sua imagen sexa un libro propagandístico e autocompracente. A diagnose que fai do país e dos seus traumas parécenos atinada e crúa (p. 118). Define a Galicia como un pobo á defensiva (p. 49), como país apouvigado por pauliña de vello (pp. 177-8). Mesmo aqueles que “tentaron coa materia de Galiza, case sempre deron na ferradura. No cravo ben poucas” [veces] (p. 123). Nin sequera as institucións estiveron á altura dos tempos; unha ollada histórica fáinolas ver “de recú” (p. 178), incapaces de abordar as reformas necesarias (p. 180).
Malia debuxar un país sen liberdade de opción nin potencia decisoria (p. 131), Valentín Paz-Andrade nunca abandona a esperanza e anima a pórse á tarefa de gañar imaxe e pelexar contra a rutina.


Valentín Paz-Andrade, Galiza lavra a sua imagen. Edicións do Castro, Sada, 1985.

4.4.12

Paco Roca. Engurras

Imaxe: El Patito Editorial
A novela gráfica Engurras é unha homenaxe ós vellos. Céntrase na figura de Emilio, antigo director de sucursal bancaria, a quen o alzhéimer lle vai comendo o sentido ó tempo que a paciencia do fillo e da nora.
Intérnano nunha residencia de anciáns. Emilio, mal que ben, vaise afacendo a este novo fogar. Fai amigos, déixase levar por algún deles e vive aventuras propias de neno traste. Nos momentos de lucidez amósanos unha visión crítica e amarga dunha situación que, se hai sorte, nos tocará vivir algún día.
Emilio padece alzhéimer, pero na novela gráfica recóllese un amplo abano de alifaces propios da senilidade. Mesmo hai un andar na residencia ó que todos miran con receo, porque é a onde levan ós que non se poden valer. E de aí non se retorna.
Mais non todo é amarguexo da vellez. Os personaxes rezuman tenrura, experiencia, desconfianza, pillería e ansia de vivir. Teñen unha capacidade de prestar axuda ó compañeiro digna de admiración.
Imaxe CRTVG
Tampouco se lle aforran ó lector os aspectos comerciais das residencias de anciáns nin os remorsos das familias cando deciden internar os seus vellos neste tipo de aloxamento.
De entre os personaxes cómpre salientar a Miguel, compañeiro de cuarto de Emilio. Será o seu cicerone na residencia, quen o guíe por esa casa tan grande na que Emilio se sente perdido, quen lle conte a historia resumida dos residentes cos que se van atopando e quen lle explique o valor dos xestos aparentemente carentes de sentido.

Falan da obra:


Paco Roca, Engurras.Santiago, El Patito Editorial, 2012.

2.4.12

Noticias de literatura-122. Marzo 2012

Manuel Álvarez Torneiro. 
Imaxe AELG.
Manuel Álvarez Torneiro na colección poética Tambo:
De la generación de Luz Pozo Garza o Antón Avilés de Tarmancos, Álvarez Torneiro no publicó su primer libro hasta 1982: Memoria dun silencio. “Lo admiro por su apuesta literaria y por su manera de estar en la escena literaria”, argumenta la elección Rei Núñez, “la discreción absoluta de quien dedica más tiempo a trabajar que a promocionarse”. Con premios como el Esquío, por Rigorosamente humano (1995), o el González Garcés, por Luz de facer memoria (1999), el escritor educado en los tótems de la poesía iberoamericana trabaja con el lenguaje simbólico y gira su vista hacia la memoria. “Arrebatada e doce como unha adolescencia, / aquela adolescencia” (El País, 21-03-2012).
Xardín Desordenado; música para a poesía:
Os amores antigos de Xosé María Álvarez Cáccamo suenan con aires flamencos. Café de Ramiro Fonte deja regusto a habanera y Bico con bufanda de Daniel Salgado se abriga con las cuerdas de una guitarra. Estos tres poemas, junto con otros textos firmados por Miguel Anxo Fernán Vello, Eduardo Estévez, Darío Xohán Cabana, Serxio Iglesias, Manuel Rivas, Rafa Villar, Xosé María Álvarez Blázquez, Manuel Pereira Valcárcel, Manuel María, Anxo Quintela, Uxío Novoneyra y Kiko Neves, constituyen el repertorio del disco Xardín Desordenado (Sul Producciones, 2011), título con el que debuta el grupo del mismo nombre, formado por músicos de amplia experiencia que unen sus trayectorias alrededor de este proyecto en torno a la difusión de la poesía en lengua gallega. La denominación está tomada, precisamente, de uno de los versos del poema de Salgado (Teresa Cuíñas, El País, 22-03-2012).
Xulia Alonso. 
Foto: La Voz de Galicia.
Xulia Alonso fala de Futuro imperfecto (Galaxia):
«É un libro de recordos máis que unha memoria; que compuxen a xeito de legado para os meus descendentes. Se as cousas acontecesen como estaba previsto, non debería ter oportunidade de escribir esa novela. Por iso é un canto á vida» (La Voz de Galicia, 23-03-2012).

26.3.12

Antonio Tabucchi


A. Tabucchi visto por Fabio Sironi/Corriere della Sera.
Lemos nos xornais* a noticia do pasamento de Antonio Tabucchi, o escritor máis portugués de todos os italianos.Na nosa lingua podemos gozar da lectura, polo menos, de Afirma Pereira (Galaxia 1999) e Tristano morre (Galaxia 2004).Fóisenos o home, pero quédanos a súa obra. Obra da que saltan á vista dous trazos identitarios: o carácter testemuñal e a defensa da liberdade considerada como aire necesario para a vida persoal plena e para a saúde social.
Descanse en paz, Antonio Tabucchi.

*La Voz de Galicia.
O Público.
La Repubblica.
Corriere della sera.
A noticia na prensa estranxeira.

16.3.12

Noticias de literatura-121. Marzo 2012

Carlos Casares. 
Foto: La Voz de Galicia.
Carlos Casares. La Voz de Galicia publica un libro conmemorativo do décimo aniversario:
Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) concibía a vida dende unha visión puramente narrativa. É dicir, todo era un conto. Cos seus personaxes, escenarios e desenlaces. Esta habilidade, propia do que antes se chamaba o escritor «de raza», foi a que lle permitiu converter o que ollaba e imaxinaba en literatura e decantar o resultado ata a súa máis pura esencia en libros inesquecibles como Vento ferido, Ilustrísima ou Deus sentado nun sillón azul (Xesús Fraga, 03-03-2012).
Kristina Berg fala de Carlos Casares (La Voz de Galicia, 08-03-2012).
Juan Cruz, “Carlos Casares, el narrador”, El País 09-03-2012.
Xosé Manuel Pereiro, “O último galeguista histórico”, El País 08-03-2012.
Suso de Toro, “Son dez anos, custa lembrar”, El País, 15-03-2012.
Carlos G. Reigosa, Tras da Corda trinta anos despois:
Podía ter feito cambios, pero preferín que os relatos quedasen tal cal. Hai trinta anos era novidoso nas letras galegas unha escrita descarnada, concisa, directa. Máis periodística se o queres dicir así. Preferín que seguise así porque creo que é a que casa mellor coas cousas que conto. Tamén porque esas historias proceden da imaxinación dun espazo máis que da miña imaxinación (entrevista con Camilo Franco, La Voz de Galicia, 03-03-2012).
Xesús Couceiro, Premio Del Riego dos editores galegos:
Xesús Couceiro fundou a súa primeira librería no ano 1969 e desde aquela data, en distintos emprazamentos, foise convertendo nun libreiro de referencia para o libro galego e para o sector do libro en xeral (La Voz de Galicia, 03-03-2012).
Imaxe: Galicia Hoxe.
Carlos L. Medrano presenta Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo:
Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxe de diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxeño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar con coherencia os datos que se ofrecen (Galicia Hoxe, 07-03-2012).
Bieito Iglesias fala de Contos da terra da tarde (Galaxia):
Como din os paisanos de Ourense, tiña millo vello no hórreo. Parte deste libro foi reescrito moitas veces. Nótase, é o meu libro estilisticamente máis traballado. E, en realidade, forma parte dun proxecto do que a primeira parte foi Amor e música lixeira (2004). Comparten, por exemplo, a presenza da cultura popular, da música, do cinema... (El País, 08-03-2012).
Diana Varela Puñal. 
Foto: Santos-Díez/El Correo Gallego
Diana Varela Puñal fala da súa obra:
Diana Varela Puñal, nacida en Corme, é unha deses poetas que chegan desde a Costa da Morte á a gran cidade, A Coruña, pero que traen con elas a forza dunha nova escrita, dunha nova linguaxe, unha impresionante renovación da nosa literatura (El Correo Gallego, 12-03-2012).

11.3.12

Héctor Carré. Febre

Imaxe de Edicións Xerais.
En Febre cóntasenos unha historia que recolle a voráxine do contrabando do volframio. O marco cronolóxico da novela sitúasen entre os anos 1942-44, isto é, nos anos do imparable avance do exército alemán e o inicio da súa derrota. En Galicia, coma no resto de España, son anos de fame. Se algo sobra é miseria, mesmo miseria moral.
Mais alí onde se podía contrabandear con volframio creouse unha especie de oasis de abundancia e, neste caso, tamen abundaba a miseria moral.
A protagonista de Febre é unha rapaza intelixente, rebelde e afouta que se atopa no complicado paso da etapa final da adolescencia. A morte non asumida da nai e a actitude do pai, que ela considera covarde, complican aínda máis as súas relacións. Carmucha preséntasenos como unha heroína intelixente de corazón xeneroso, cunha afouteza por veces raiana na irresponsabilidade. Mantén un pulso permanente co socialmente establecido e en máis dunha ocasión ten sufrido na propia pelella as consecuencias da súa loita pola liberdade persoal e polos dereitos dos marxinados sociais.

Meteuse a contrabandista e facíase acompañar por un mozo da súa idade (Félix), fillo dos antigos caseiros, a quen consideraba coma un irmán. A banda de Carmucha chegou a ter sona de xusticeira e era á vez temida e respectada. Parte do gañado foi parar a unha escola de prostitutas na que a propia Carmucha ensinaba a ler e a escribir.
Héctor Carré. 
Foto: Edicións Xerais
O clímax desta novela de acción e espionaxe acádase na loita persoal que Carmucha sostén co Marelo, un cabo mafioso e homosexual que a violou para demostrarlle quen mandaba realmente. O Marelo cae nunha encerrona e morre a golpes e machadazos. Para que non pague con toda a culpa un inocente, Carmucha entrégase. Mais o inocente é fusilado igual. Daquela, o pai da rapaza (Matías) manobra para salvar a filla. Logra que a deixen saír do país a cambio de pandar el coa súa culpa.
Esta historia está contada na voz dun dos protagonistas, que lla relata á súa neta e aproveita, de paso, para contrastar as actitudes dos adolescentes do pasado e do presente.

Falan da obra




Héctor Carré, Febre. Vigo, Xerais, 2011. V edición Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil.

Actividades: Febre. Test de lectura.

3.3.12

Noticias de literatura-120. Febreiro 2012

María Canosa.
Foto: M. Villar/La Voiz de Galicia.
Si, falo do mar con todas as súas identidades: a parte crúa, a parte dura, a parte romántica. Ningún dos versos é igual, como as ondas que van e veñen, como o mar: uns son curtos, outros máis longos e van debuxando liñas no papel, como as ondas do mar (La Voz de Galicia, 17-02-2012).
Antón Riveiro Coello presenta Laura no deserto (Galaxia):
Antón Riveiro Coello. 
Foto: Óscar Corral/El País.
A amnesia é unha salvación, pero ao tempo Laura precisa reconstruírse nos demais porque sen esas lembranzas desaparece a propia identidade. Somos porque nos relacionamos e precisamos saber o que nos pasou para entendernos. O meu intento foi que a novela atravesase os lectores para que rematasen interpelándose pola súa propia actitude nesa situación extrema da inhumanidade (El País, 16-02-2012).
Gonzalo López Abente, proxecto de edición da obra poética completa:
El nuevo volumen de Espiral Maior incluirá los cinco libros que López Abente publicó en vida (Alento da Raza, Centileos nas ondas, D?Outono, Escumas da Ribeira y Nemancos), así como los poemarios que vieron la luz tras su muerte (Decrúa, Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca y Bretemada). También recogerá un conjunto de poemas que fueron publicados en revistas y otras publicaciones y que aparecieron entre la documentación privada del autor (La Voz de Galicia, 18-02-2012).
Xulio López Valcárcel presenta O escano baleiro:
non é só o chanzo de madeira no que adoitaba descansar Uxío Novoneyra ao pé da súa casa no Courel. É o símbolo da perda da Galicia rural. «Agora, testemuño mudo doutro tempo, [ese escano] non acolle máis que o peso da sombra dos que por el pasaron», di o autor (entrevista de Ana Abelenda, La Voz de Galicia, 21-02-2012).
Xosé María Fernández Pazos presenta Sálvora.Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel:
Imaxe: Galicia Hoxe.
O xermolo deste libro foi en 1998, cando Fernández Pazos publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do Santa Isabel. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construcción, o interior do buque e datos históricos sobre a traxedia do barco (Galicia Hoxe, 22-02-2012).
Ursula Heinze, poemario bilingüe:
A sección alemá do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago sacou á luz unha publicación bilingüe cunha selección de 50 poemas da autora alemá afincada en Compostela (Galicia Hoxe, 23-02-2012).
Rosalía de Castro, fotos da homenaxe dos 175 anos (El Correo Gallego, 25-02-2012)

Emilio Grandío, Vixiados. Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (Laiovento, 2011):
Los sabuesos eran exhaustivos. Tenían la consigna clara: había que confeccionar un fichero de “rojos e indeseables” a la mayor urgencia. Solo en Vigo, entre 1936 y 1939 perpetraron casi 4.500 informes. A veces los traicionaba su propia obsesión, como cuando el alcalde de Sada le pidió al gobernador civil que sacase del pueblo a una mujer que pedía limosna. Creía que su demencia era fingida y podía ser una espía (El País, 26-02-2012).