16.3.12

Noticias de literatura-121. Marzo 2012

Carlos Casares. 
Foto: La Voz de Galicia.
Carlos Casares. La Voz de Galicia publica un libro conmemorativo do décimo aniversario:
Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002) concibía a vida dende unha visión puramente narrativa. É dicir, todo era un conto. Cos seus personaxes, escenarios e desenlaces. Esta habilidade, propia do que antes se chamaba o escritor «de raza», foi a que lle permitiu converter o que ollaba e imaxinaba en literatura e decantar o resultado ata a súa máis pura esencia en libros inesquecibles como Vento ferido, Ilustrísima ou Deus sentado nun sillón azul (Xesús Fraga, 03-03-2012).
Kristina Berg fala de Carlos Casares (La Voz de Galicia, 08-03-2012).
Juan Cruz, “Carlos Casares, el narrador”, El País 09-03-2012.
Xosé Manuel Pereiro, “O último galeguista histórico”, El País 08-03-2012.
Suso de Toro, “Son dez anos, custa lembrar”, El País, 15-03-2012.
Carlos G. Reigosa, Tras da Corda trinta anos despois:
Podía ter feito cambios, pero preferín que os relatos quedasen tal cal. Hai trinta anos era novidoso nas letras galegas unha escrita descarnada, concisa, directa. Máis periodística se o queres dicir así. Preferín que seguise así porque creo que é a que casa mellor coas cousas que conto. Tamén porque esas historias proceden da imaxinación dun espazo máis que da miña imaxinación (entrevista con Camilo Franco, La Voz de Galicia, 03-03-2012).
Xesús Couceiro, Premio Del Riego dos editores galegos:
Xesús Couceiro fundou a súa primeira librería no ano 1969 e desde aquela data, en distintos emprazamentos, foise convertendo nun libreiro de referencia para o libro galego e para o sector do libro en xeral (La Voz de Galicia, 03-03-2012).
Imaxe: Galicia Hoxe.
Carlos L. Medrano presenta Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo:
Esta obra é unha proposta interdisciplinar de aprendizaxe de diferentes contidos curriculares a través do xogo e do enxeño. Nela proponse a utilización da lóxica para interpretar con coherencia os datos que se ofrecen (Galicia Hoxe, 07-03-2012).
Bieito Iglesias fala de Contos da terra da tarde (Galaxia):
Como din os paisanos de Ourense, tiña millo vello no hórreo. Parte deste libro foi reescrito moitas veces. Nótase, é o meu libro estilisticamente máis traballado. E, en realidade, forma parte dun proxecto do que a primeira parte foi Amor e música lixeira (2004). Comparten, por exemplo, a presenza da cultura popular, da música, do cinema... (El País, 08-03-2012).
Diana Varela Puñal. 
Foto: Santos-Díez/El Correo Gallego
Diana Varela Puñal fala da súa obra:
Diana Varela Puñal, nacida en Corme, é unha deses poetas que chegan desde a Costa da Morte á a gran cidade, A Coruña, pero que traen con elas a forza dunha nova escrita, dunha nova linguaxe, unha impresionante renovación da nosa literatura (El Correo Gallego, 12-03-2012).

Ningún comentario: