Imaxe da Editorial Galaxia. |
Nas notas do autor achamos a confirmación das claves que o lector puido ir descubrindo no proceso de lectura destas microhistorias:
a) “Na figura da muller atopei o ser humano que ten que sortear máis obstáculos” (p. 76).
b) Protagonizan as historias “persoas que loitan por manter o que son” (p. 74).
c) A melancolía --que tamén sente o lector-- é o pano de fondo das historias e o bálsamo para as feridas (p. 77).
Os lugares de saída e chegada das emigrantes son distintos, pero o lector non repara tanto en nomes xeográficos concretos como nas relacións que se establecen entre xentes do primeiro e do terceiro mundo, gobernadas pol a necesidade, a desesperación, a valentía, a xenofobia...
Imaxe: xosetomas.com |
Cada microhistoria é persoal e independente. Mais hai dúas interrelacionadas: a primeira (Fátima) e a derradeira (Nawal). A protagonista desta última representa para a nai (Fátima) a forza necesaria que a salvou do naufraxio na travesía e na terra de chegada. Nawal dinos que súa nai a considera “filla do mar”. Para o lector as dúas historias son dúas caras do feito migratorio: o pasado sufrido pola nai e o futuro do que pode gozar a filla, xa integrada na terra de acollida.
Sitiografía
- Presentación de Nómades na páxina de Xosé Tomás.
- Presentación de Nómades no blog da Editorial Galaxia.
- “Nómades nos medios”, blog de Xosé Tomás.
- Presentación de Nómades na TVG.
- “Nómades, de Xosé Tomás. A nosa primeira dedicatoria”, en Retelladoresdogaliñeiro.
- “Xosé Tomás retrata a emigración feminina en Nómades”, La Voz de Galicia, 19-10-2011. Véxase tamén en Cepam.
- “As mulleres, Xosé Tomás e o infinito insensíbel”, en Ferradura en tránsito.
- “Historias nómades”, en Criticalia.
- “Nómades, ocho historias de desarraigo en femenino”, de Marcos Nebreda, El Mundo, 13-11-2011.
- “Oito mulleres e unha historia común”, en El Ideal Gallego, 08-11-2011.
- “Nómades, de Xosé Tomás: novamente o poder da imaxe”, en Bibliocurtis.
Xosé Tomás, Nómades. Galaxia, Vigo, 2011.
Ningún comentario:
Publicar un comentario