2.8.11

Noticias de literatura-108. Xullo 2011

Fernández/MARIBEL LONGUEIRA
Fernández Ferreiro publica a súa historia do grupo Brais Pinto:
“É unha crónica, é unha reportaxe. Son unhas memorias”. Así describe o escritor Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931) o que será o seu próximo libro: De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde. Nesta obra, que publicará en outono Xerais na súa colección Crónica, Fernández Ferreiro retratará as vivencias do histórico Brais Pinto, grupo do que formou parte (Xornal de Galicia, 4-07-2011).
Arturo Casas publica Alusión, unha análise do discurso ideolóxico da dereita:
Por las páginas del libro, en las que conviven el rigor analítico y el humor colindante con la sátira, desfilan medios de comunicación, industrias y organismos públicos de la cultura, partidos, escritores, las ideas de nación o identidad (El País, 07-07-2011).
O escritor Francisco Castro. | Galaxia
Franscico Castro entrevistado por Montse Dopico por mor da presentación de In vino veritas:
O que semella unha obra do xénero policial é en realidade unha novela de desamor e de crítica dunha sociedade que tira ao lixo un tempo precioso hipnotizada diante dunha televisión parva. Os personaxes acaban revelando a súa 'cara B', como a define o seu autor: aquela que, de ser mostrada, faría que os que nos aman xa non o fixesen tanto. E, de novo, un narrador omnipresente reflexiona sobre un mundo no que todo é fráxil, mesmo os afectos (El Mundo, 06-07-2011).
Francisco Castro fala con Lucía D. Bóveda sobre In vino veritas:
Está escrita desde la rabia, casi desde la ira. Uno de los núcleos de la narración es el mundo de la telebasura y la trama sirve para destapar todas las miserias que rodean a un medio como la televisión que nos ofrece miseria enlatada (Faro de Vigo, 28-07-2011).
Diego Ameixeiras gaña o Premio Novela por Entregas:
Historias de Oregón é o título da novela por entregas que durante cada día do mes de agosto poderán disfrutar os lectores do periódico (La Voz de Galicia, 08-07-2011).
Primeiras achegas críticas a Historias de Oregón e Diego Ameixeiras. Noticia bibliográfica sobre Diego Ameixeiras. Entrevista con Diego Ameixeiras.
Agustín Fernández Paz fala de Non hai noite tan longa:
"O libro ten unha historia que vertebra o que se quere contar, pero do que se trata é de botar unha ollada crítica, moral, sobre a época na que a miña xeración era nova, nos anos 60", explica o autor (El Mundo, 07-07-2011).
Unha obra de Xosé Cid lembra a Xosé María Díaz
na Insua dos Poetas do Irixo.

santi m. amil
Xosé María Díaz Castro, cincuenta anos de Nimbos:
A conmemoración do 50.º aniversario da publicación de Nimbos e a figura do poeta Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914-Lugo, 1990) centraron a celebración da terceira edición da Festa da Palabra, convocatoria anual que se celebra na Insua dos Poetas, en Madarnás (O Carballiño) (La Voz de Galicia, 10-07-2011).
Xavier Rodríguez Barrio fala no Xornal de Galicia (12-07-2011) sobre lingua e poesía:
Xavier Rodríguez Barrio (Lugo, 1956) volveu ao primeiro plano da literatura galega. Coa súa nova obra, Calado testamento, rachou máis dunha década de silencio poético e, de paso, gañou a última edición do Premio Cidade de Ourense de poesía.
O grupo Gaelt (Universidade de Vigo) presenta un monográfico sobre o poeta Lois Pereiro:
Este poeta, que se converteu no protagonista do ano tras a súa homenaxe do Día das Letras Galegas, ofrece a figura dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica (Xornal de Galicia, 16-07-2011).
Antonio Piñeiro Fernández gaña o García Barros con As fiandeiras:
La voz principal de una niña cuenta los sentimientos y condiciones de un grupo de mujeres trabajadoras en tiempos revolucionarios de la Primera República (La Voz de Galicia, 22-07-2011).
Jacobo Fernández Serrano presenta Breve encontro:
é un   achegamento en forma de cómic á biografía e obra do poeta [Lois Pereiro]que se inicia cun breve encontro no que o autor homenaxea a   película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas do poeta   monfortino (Galicia Hoxe, 22-07-2011).

Iria Morgade. Foto: La Voz de Galicia
Iria Morgade, premio Biblos por Verbas no ar:
O xurado considerou esta obra como “actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno” (Xornal de Galicia, 23-07-2011).
Noticia do galardón en La Voz de Galicia (23-07-2011).
Vanesa Sotelo, premio Abrete de teatro por Campo de covardes:
El texto es una reflexión "sobre la violencia política". "Pretendía ser un ensayo sobre la cobardía", apuntó la autora, a la espera de lecturas actuales. Los cuatro personajes no pueden abandonar un territorio abstracto delimitado por serrín. "A base de no reaccionar, acaban paralizados" (El País, 23-07-2011).
Xavier Queipo fala de Ártico, e outros temas,  en El Mundo (23-07-2011):
Ártico funo "reencontrando" en varias ocasións, por exemplo nas traducións integrais ao portugués (1998 e 2004) e ao francés (2011), e as traducións de certos contos ao inglés (2008) ou ao castelán (2007). Iso levoume a ter que explicar certos xiros, a darme de conta dalgunhas grallas tipográficas ou erros de documentación na edición orixinal. As revisións son sempre necesarias.
Alexandre Bóveda: achegamento á súa figura no 75º aniversario do “fusilamento”:
"Hice cuanto pude por Galicia y haría más si pudiera. Si no puedo hasta me gustaría morir por mi patria. Bajo su bandera deseo ser enterrado, si el tribunal juzga que debo serlo", son palabras pronunciadas por el político gallego Alexandre Bóveda durante el juicio que lo condenó a muerte en el verano de 1936 (El Mundo, 25-07-2011).

Diego Ameixeiras premiado na Semana Negra por Dime algo sucio:
A novela, publicada en galego por Xerais e en castelán por Pulp Books, foi presentada o pasado domingo na programación deste festival especializado na literatura negra, criminal e de xénero (La Voz de Galicia, 29-07-2011).
Fina Casalderrey entrevistada en La Voz de Galicia (30-07-2011) por mor dunha nova edición de Un misterio na mochila de Alba:
“celebrou vinte dá publicación dá súa primeira obra coa nova edición dun misterio na mochila de Alba, unha obra que lanza Oxford e que precisamente ela dei que dedica aos mestres”.
Shakespeare, sonetos en galego:
Ramón Gutiérrez Izquierdo presenta esta versión exemplar dos Shakespeare´s Sonnets acompañada de comentarios e notas sobre todos e cada un dos 154 poemas que forman o libro, que son máscaras diversas do home das mil caras que foi William Shakespeare (Xornal de Galicia 30-07-2011).
Etiquetas: , , ,

28.7.11

...excepto las noticias militares

Seica se vai catalogar e dixitalizar o arquivo do centro territorial de TVE en Galicia. Lémolo na reportaxe de Xosé Manuel Pereiro, "Galicia enlatada", El País 22-07-2011.
Á parte do valor documental, gardan outros valores de difícil catalogación. Por exemplo, aquela media horiña (creo que, máis ou menos, era o que duraba) de desconexión territorial no que se podía escoitar e ver falar en galego nunha televisión era moito máis do que podía ter soñado calquera galeguista histórico. ¡E aínda en tempos de Franco! Dende aquelas, a situación mudou nalgúns casos para bencísimo e noutros para todo lle cómpre.
Mais o que resulta salientable dende o aspecto social da lingua é a estrañeza do presentador Xoán Barro:
"Lo que más me extrañó era que en lo que entonces se llamaba Panorama de Galicia se emitía todo en gallego, excepto las noticias militares". "Es que como muchos vienen de fuera...", le explicó mucho después el que fue primer director del centro, Eugenio Pena.

Imaxe de finzioni.

18.7.11

Me he enamorado del gallego

Desta volta reparamos na crónica que Xurxo Salgado publica en El Mundo (17-07-2011) sobre os cursos de verán para estranxeiros do ILG e a USC. Agradécese o título, o sentimento, a emoción... e outros resultados máis tanxibles como traducións e creación de obras de xentes alóglotas neste noso vello idioma. Se consultamos calquera catálogo bibliográfico non resulta difícil atopar apelidos estraños para este recuncho do mundo. Grazas a todos eles, especialmente por non se sentiren traumatizados por la imposición del gallego. Actitudes coma as descritas na crónica reconcilian a calquera coa vida e co mundo. Os falantes adoitan establecer coas linguas algún tipo de relación afectiva; é algo que recoñecen ata os sociolingüistas da FAES. ¿Cal sería a situación se todos os indíxenas e trasterrados amosasen unha actitude semellante coa lingua propia de Galicia? Nestes tempos cómpre botarlle imaxinación.
Que un alóglota se debruce sobre a lingua dun resulta ilusionador. Así e todo, este blogueiro considera que para a boa saúde dunha lingua non é imprescindible a proxección exterior. ¿Cantos idiomas haberá no mundo absolutamente descoñecidos fóra da súa sociedade ou que, como moito, resultan algo familiares ós veciños máis próximos? E non por iso pensamos que sexan linguas inútiles nin anormais nin atavismos...
Os estudantes da foto seguro que non o pensan, mais por estes lares haberá quen os considere tolos ou algo peor.

15.7.11

...en castellano, que es el idioma de la patria

Daniel Salgado, "Prohibido rodar cine en gallego", El País 15-07-2011.

A reportaxe relátanos un feito que parece tirado da noite dos tempos e sería unha anécdota para sorrir se a mentalidade que creou a situación que se nos conta non estivese aínda viva. O protagonista da noticia comenta asombrado que causase máis problemas coa autoridade unha curtametraxe que falase en galego ca unha obra que criticase máis ou menos abertamente o sistema. É dicir, que a opción lingüística era máis subversiva cá ideoloxía.
Hoxe en día confiamos en que non nos citará a policía polo único delito de pórlle a banda sonora a unha película na nosa lingua. Mais non confiemos demasiado, por se acaso. Hai recursos máis sutís que pasar pola comisaría. Lembremos que está  en vigor un decreto que só lle concede ó galego o 33,33% de uso. Se cadra é único no mundo, porque non coñecemos máis casos de que os encargados de promocionar e pór en valor un idioma limiten o seu uso no seu propio territorio. Igual é que non o temos lido ben.
Tornando ó consello do "gris", debemos dalo por bo. Especialmente se se acompaña dunhas rotundas losqueadas. Pero... sabemos que a patria á que se refire apareceu despois das linguas (en plural) e que a pervivencia das linguas non desestabilizou a continuidade da patria. Máis aínda, polo mundo adiante hai patrias máis vellas e con máis linguas cás que podemos atopar na Península Ibérica e que tamén nos gañan en anos de convivencia en paz e que amosan mellor nivel de vida e desenvolvemento.
Se cadra, os seus cidadáns só teñen "gris" o cerebro.

Etiquetas: , , ,

11.7.11

Mudar o ensino da literatura

Damos coa noticia na sección de Educaçâo do Público. Non é unha idea absolutamente novidosa, pois xa temos visto traballos parciais enfocados dende a perspectiva descrita no xornal ligado; pero, ata onde sabemos, pensamos que é unha idea aínda por desenvolver. Desexámoslle toda a sorte do mundo no proxecto, e esperamos non sexa esta ocasión das de ver pasar o sol pola porta.
Descoñecemos se os galeguiños andamos nesta baila, pero viríanos ben andar nela, porque serviría, como mínimo, de terapia. Dende vello contamos cunha literatura máis paneuropea do que moitos dos nosos indíxenas coidan. Mesmo tropezamos con autoridades que cren imposible un achegamento á literatura universal dende a nosa lingua...

5.7.11

Noticias de literatura-107. Xuño 2011

Rubén Martínez Alonso fala da novela 1980 (ano cero):
"A hipocrisía contaxiarase entón ó eido público dende o privado, ás relacións sociais, porque os individuos xa non son capaces de concibir un mundo sen mentiras, falsidades, sen praceres colectivos que satisfagan á masa, ó tempo que impiden a realización do suxeito, do singular, do ego". É unha das reflexións do protagonista de 1980 (ano cero), a primeira novela de Rubén Martínez Alonso (Galicia Hoxe, 21-06-2011).
Miro Villar fala de literatura e do seu poemario As crebas:
As Crebas repara en perdas emocionais, vitais pero tamén eriais como a desaparicióncultura vencellada ao mar. "Hai moito de saudade neste libro. Son perdas no mundo dos afectos pero tamén de actividades como a carpintería de ribeira que van esmorecendo e cambiando noutra dirección. Así, por exemplo, o mundo da pesca musealízase e aparece ás veces só como un decorado", sinala Villar (Galicia Hoxe, 22-06-2011).
Artigo de Luis Cochón, “As crebas náufragas”, Galicia Hoxe 23-06-2011, sobre o poemario de Miro Villar.
Manuel Portas, Un dedo manchado de tinta: artigo de Montse Dopico sobre o autor e a súa obra (Galicia Hoxe, 22-06-2011);
Polas páxinas deste libro desfilan, a partir das fantasías dun aspirante a escritor, as vidas de Alberte, funcionario municipal que se mergulla nos arquivos na procura de respostas para un fillo de emigrante; Malulú, vendedor ambulante senegalés que se encontra cunha muller galega, María, e que é socialmente condenado por ser quen é; Carme, que se debate entre a súa filla e o seu amor polo home encarcerado acusado de violala; Cristina, nai e sindicalista incansable e Chus, investigadora que se enfronta a unha trama de corrupción con recualificacións de terreos.
Elías Portela / Elías Knörr entrevistado no Galicia Hoxe (23-06-2011):
O escritor e lingüista Elías Portela (Cangas, 1981), considerado un dos tres autores máis destacados da poesía islandesa baixo o pseudónimo de Elías Knörr, é unha illa en expansión.
Xavier Rodríguez Barrio, entrevista en Galiciaè (22-06-2011) por mor da publicación de Calado Testamento:
O título foi este desde o principio, nalgún mometo tivo outro, pero acabou chamandose Calado Testamento, porque ao chegar aos 50 anos hai que facer balance: balance de vida, da terra, de Galicia... Balance mesmo no amoroso, do familiar, sobre a inocencia de outros tempos. Un resumo vital. A palabra “testamento” pode que teña connotación oscura, pero o que se pretende é facer balance sobre estas propiedades inmateriais. Cando fas un testamento é algo que non se vai abrir ata que morras. Así que facendo uso da metáfora, falo de vivenzas caladas as que xorden no libro. E están aí para quen queira lelo ou escoitalo porque insisto en que é máis importante recitar estes poemas que o que os lean. Prefiro recitar, ou mellor dito: decir os poemas porque é un contacto directo coa xente.
Kiko Neves fala con Montse Dopico sobre a súa última novela:
"Ponteareas, ano mil novecentos oitenta. A ditadura seguía no seu máximo apoxeo: un alcalde falanxista, unxido dende o ano anterior por unhas eleccións tramposas ou democráticas (ao longo dos anos sigo sen entender as diferenzas), e un párroco de sotana negrísima e verbo de veterano ex combatente eran as referencias de poder e de cultura". Son palabras do narrador e protagonista de O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax, o novo libro de Kiko Neves (Galicia Hoxe, 24-06-2011).
Agustín Fernández Paz fala de Non hai noite tan longa:
Gabriel Lamas e Agustín Fernández Paz teñen máis ou menos a mesma idade. Ambos padeceron a ditadura franquista, aínda que as súas biografías foron distintas. O protagonista da novela ten 50 anos cando regresa en 2002 a Monteverde, a súa vila natal, despois de tres décadas en París. Aínda non sabe moi ben por que cruzou a fronteira dos Pireneos en 1972, deixando o seu pai no cárcere por un delito que non cometera, nin por que regresa. Non é soamente para soterrar a súa nai. Ten unha conta pendente co seu pasado: facer xustiza e limpar a memoria do seu pai (Xornal de Galicia, 24-06-2011).
Fina Casalderrey, cociñeira de historias”, artigo de Xavier Senín en El País (26-06-2011):
En apenas 20 años publica medio centenar de libros, algunos de los cuales se pueden leer en todas las lenguas de la península ibérica y también en francés, inglés, italiano y coreano. Y todo eso desde la humildad, que la lleva a reconocer que hay muchas cosas que no sabe y, sobre todo, su deseo de seguir aprendiendo de los libros, de la naturaleza y de los demás. Le gustaría haber hecho cosas que no hizo y saciar aquella vieja escasez de lecturas, tapar ese vacío que no se llena con nada, como si fuese un tiempo de desamor.
Marga do Val preséntanos A cidade sen roupa ao sol:
(...) gran parte dos poemas d­esenvólvense na urbe tudense, na que a autora pasou “a meirande parte da infancia” e que ela converte a través das letras “nunha especie de metáfora. “Simboliza certo tipo de prisión, coma se eu fose unha especie de Rapunzel”. “Unha prisión desde onde se poden observar vieiros de liberdade que busco co que escribo”, explica a autora (Xornal de Galicia, 29-06-2011).
Atlántico Memoria Audiovisual presenta dous traballos sobre a nosa historia: “Para contar a Historia moderna é necesario, engade Durán, “coñecer con profusión tanto os acontecementos previos e iniciais que xeran o seu desenvolvemento, como a biografía dos seus protagonistas principais” (Xornal de Galicia, 29-06-2011).
Manuel M. Barreiro presenta A novísima dereita e nós: ”analiza neste ensaio os dous primeiros anos de goberno-Feijóo” (Xornal de Galicia, 29-06-2011).
Yolanda Castaño entrevistada en El Mundo (01-07-2011) por mor da presentación de Cociñando ao pé da letra (Galaxia). A entrevista repasa a traxectoria poética da autora.
Polaqia di adeus:
Surgieron como alternativa a un yermo panorama del cómic gallego donde sus trabajos no tenían cabida. En 2001 un grupo de jóvenes optaron por unirse y autoeditar su talento. Hoy, diez años después, el colectivo Polaqia ha logrado traspasar fronteras, ha sentado las bases del panorama actual y sobre todo y más importante, ha conseguido el objetivo por el que nació, demostrar que era posible publicar cómic en Galicia y superar las trabas económicas (El Mundo, 02-07-2011).
Etiquetas: , , , , ,

4.7.11

¡Ah, pero te está en gallego!

Ás veces no recreo, cando non estamos castigados (que vén sendo as máis da veces), aproveitamos para botarlle unha ollada á prensa. Un día andaba unha compañeira á procura dun xornal e ofrecinlle o xa finado Galicia Hoxe. Colleuno, relaxouse e comezou a lectura das letras grandes.
Segundos despois, o periódico aterraba sobre a mesa da sala:

--¡Ah, pero te está en gallego! --foi o seu comentario, pronunciado cun acentiño que os meus alumnos non dubidarían en cualificar de montuno.
En todos os gremios hai xente pa tó. E este triste país glotófago, de tanto comerse a si mesmo acabará coma as vacas tolas. Xa lle faltou máis.
Lamento a morte do Galicia Hoxe. Foi o medio que máis se debruzou sobre a cultura do país (que vai máis aló do Gaiás) e o que nos achegaba o resto do mundo na nosa lingua. Era dos poucos xornais --se non o único-- que tiña unha sección (Aulas) dedicada ó mundo do ensino.
Non será semente que caia en terra seca.

30.6.11

Agasallo de Arquivos do trasno

Recibín este agarimoso agasallo do blog amigo Arquivos do trasno. Agradézollo de corazón e colócoo aquí, permítaseme dicilo, con orgullo. Tamén é unha grande satisfacción dar cumprimento ós requisitos esixidos: facer partícipes desta distinción a outros doce blogs, avisalos do agasallo e publicar o seu enderezo. Velaquí van os meus, de entre os moitos que merecen ser agasallados:


21.6.11

Noticias de literatura-106

Manuel Rivas reedita Ela, maldita alma. Entrevista co escritor no Faro de Vigo (08-06-2011).
Natsumi Soseki publicado en galego:
Botchan é un mestre criado en Toquio que vai traballar a un afastado colexio de provincias. Alí converterase en vítima das malvadas falcatruadas dos seus alumnos e das escuras manobras dos seus colegas. A obra de Natsumi Soseki presenta unha galería de personaxes singulares, e mestura o grotesco co sarcástico de xeito único, dando forma a un estilo persoal e sorprendente para o lector occidental (Xornal de Galicia, (11-06-2011).
Xabier Queipo, Héctor Carré e Anxo Fariña, gañadores dos Xerais 2011. Artigo de Camilo Franco en La Voz de Galicia (12-06-2011). Noticia no Galicia Hoxe (12-06-2011): “Unha reflexión sobre o papel esmagador da ideoloxía oficial, a represión das minorías, o poder omnímodo da igrexa, a exploración do mundo e a procura da liberdade. Así presentou Xabier Queipo Extramunde, a novela coa que acaba de gañar o Premio Xerais”. Artigo de Teresa Cuíñas en El País (12-06-2011). Artigo de E. Ocampo no Faro de Vigo. Entrevista de Xabier Queipo con Iago Martínez (Xornal de Galicia, 13-06-2011). Entrevista de Xavier Queipo con Montse Dopico no Galicia Hoxe (15-06-2011). Entrevista con Anxo Fariña, gañador do Merlín (Xornal de Galicia, 16-06-2011).
Miguel Anxo Fernández presenta Lume de cobiza e fala do seu investigador:
En Lume de Cobiza, recoñécese o Soutelo de sempre, con trazos da súa personalidade como a retranca, ou a súa afección polo cinema. Pero os anos van pasando por el. "Hai cuestións, como a súa relación con Pat, que se van ir resolvendo de cara ó quinto libro, no que tamén coñecerá algúns dos seus parentes paternos", sinalou (Galicia Hoxe, 12-06-2011).
María do Carme Kurckenberg publicará dous novos poemarios en Barbantesa:
A editorial Barbantesa publicará este ano dous novos poemarios da escritora María do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926). O primeiro deles verá a luz nas próximas semanas e titúlase O enigma do segredo. Esta obra reúne un feixe de cincuenta poemas que estaban no caixón á espera de seren publicados. (...)
Cara ao final de ano, Barbantesa lanzará outro poemario da escritora María do Carme Kruckenberg. Neste caso, o tema central será o jazz, un estilo musical que a autora xa analizara dende un punto de vista poética en 1999 (Xornal de Galicia, 13-06-2011).
Agustín Fernández Paz fala con Montse Dopico sobre a novela Non hai noite tan longa:
A miseria moral dunha sociedade hipócrita, clasista e demasiadas veces sumisa ante o poder, a das últimas décadas do franquismo. Pero tamén os xeitos de resistencia, a loita por preservar a dignidade nun medio hostil, o da ditadura (Galicia Hoxe, 13-05-2011).
Os ideólogos e beneficiarios do sistema afirman que esa rede, coñecida como Globalización, conducirá á riqueza para todos e, ademais, é consecuencia inevitable do progreso técnico.
Fronte a esa filosofía de mercado sen controis érguense numerosos obxectores que lembran que cada ano é maior o foso entre os países ricos e os pobres, referíndose ademais a problemas planetarios que só se resolverán globalizando todo o importante para a existencia humana e non só a rendibilidade económica (Xornal de Galicia, 14-06-2011).
Noticia de O mercado e a globalización no Galicia Hoxe, 14-06-2011).
A Universidade Complutense promove o libro Dúas vidas e un exilio. Ramón de Valenzuela e María Victoria Villaverde:
artellada a partir de oitos traballos nos que se inclúe documentación inédita -na súa maioría procedente do arquivo de María Victoria Villaverde- e fotografías familiares dos dous escritores que lles amosan ao lector os seus tempos do exilio (Galicia Hoxe, 14-06-2011).
A proposta, a medio camiño entre a literatura e a cociña, coordinado pola poeta Yolanda Castaño e a fotógrafa Andrea Costas, demostra que todo pode ser cociñado. Un volume para, da man dalgúns dos nosos máis sobranceiros escritores, aprendermos pratos suxestivos (Galicia Hoxe, 14-06-2011).
Noticia de Cociñando ao pé da letra en La Voz de Galicia (15-06-2011):
Racha coa imaxe tradicional que temos dun escritor, detrás dun atril ou nunha cadeira en actitude distante, para achegalo picando cebola e amasando. A obra nace co espírito de mesturar xéneros e disciplinas, porque a literatura, como a cociña, tamén se fai coas mans e precisa de adobos e tempo para levedar».
Golfiño retorna:
Golfiño volve ás librarías galegas da man de El Patito Editorial co álbum Golfiño e os invasores, un regreso que conforta por igual os novos leitores e aos vellos seareiros deste personaxe, que naceu un día da man do debuxante e deseñador Fausto Isorna (Galicia Hoxe, 16-06-2011).
Manuel Portas, Un dedo manchado de tinta: comentario sobre esta novela no Xornal de Galicia (17-06-2011):
“Un dedo manchado de tinta non é unha novela”, afirma categórico Gonzalo Salgueiro, “ou polo menos non é unha novela ao uso”, aclara el mesmo despois. E vai ser que si, que ten razón. Que isto non é unha novela e que el tampouco é un escritor que responda aos canons establecidos, nin Alberte vai ser un funcionario municipal arquetípico, nin Malulú un vendedor ambulante calquera, nin Carme, nin Cristina, nin Chus serán mulleres con historias do común.
Xavier Rodríguez Barrio gaña o Cidade de Ourense de poesía con Calado testamento:
Como poeta deuse a coñecer no ano 1973 co libro Pranto irmán, ao que seguiron Antífona da redención, que foi galardoado co Premio Galicia en 1977, e Herdo e alucinación en Fisterra, publicado na Editorial Akal de Madrid en 1981 (Xornal de Galicia, 19-06-2011).
Noticia do premio en La Voz de Galicia: “O poeta volve con «Calado testamento» á actualidade editorial despois de case vinte anos”.
Sobre Xavier Rodríguez Barrio e a súa obra publica Vanesa Oliveira o artigo “O testamento calado”, Galicia Hoxe, 21-06-2011.
María Reimóndez fala con Manuel Vidal no Galicia Hoxe (20-06-2011):
Eu teño toda a fe do mundo na inmersión lingüística e no amor polas linguas pero iso só é posible cando comezas pola propia. Querer falar unha lingua de poder é moi diferente a ser políglota e ademais un absurdo só coherente nun mundo dominado por certos idiomas. As linguas só “valen” nos seus contextos e, para falar coa xente que temos preto e que nos importa, a lingua máis importante é o galego.

Imaxes: Rivas (Jorge Leal / Faro de Vigo); Miguel Anxo Fernández (Galicia Hoxe); Xavier Rodríguez Barrio (Eduardo Castro / La Voz de Galicia).

5.6.11

Noticias de literatura-105

Agustín Fernández Paz fala con Teresa Cuíñas da intrahistoria de Non hai noite tan longa:
Non hai noite tan longa é unha novela negra, inzada de referencias literarias, cinematográficas e sociais contemporáneas ás personaxes nun esforzo de verosimilitude contado con axilidade e detalle, as marcas da casa. O propio Fernández Paz liquida tamén unha débeda, que lle ronda desde antes de Corredores de sombra, a novela que se inicia coa descuberta dun esquelete entre as paredes do pazo de Vilarelle: "É abrir unha fosa, un axuste de contas coa miña xeración; non podemos esquecer o que nunca se soubo. Aínda hogano seguimos alucinando cos roubos dos nenos". Explícao Gabriel Lamas: "A verdade doe, pero tamén nos fai máis libres. O delito prescribe, pero a indignidade non" (El País, 27-05-2011).
Tinta de lura ou a poesía en camisola:
Afirman que: "Cremos na cultura galega. Non somos un país. Somos un exército de poetas". Eles sentiron esa complicidade metálica cos escritores galegos e queren sacar a poesía dos altares e levala aos colexios, aos festivais, ás asociacións culturais. Devolverlle á xente o que é da xente (Galicia Hoxe, 28-05-2011).
Salma presenta a novela Despois da medianoite:
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador (Xornal de Galicia, 29-05-2011).
Emma Pedreira fala no Galicia Hoxe (30-05-2011) da lingua e da súa escrita:
é unha poeta encadrada na Xeración dos 90. En 1999 obtivo o Premio Faustino Rey Romero e Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, aos que seguiron o Johán Carballeira (2000), o Fermín Bouza Brey (2001), o Modesto R. Figueiredo, o Certame Manuel Murguía de narracións breves (2002), o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño (2005). En 2010 gañou o IX premio de poesía Novacaixagalicia coa obra Antítese da ruína. Ademais, ten publicado Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Bestiario de silencios (2001), Velenarias (2001), As posturas do día (2001), Os cadernos d’amor e os velenos (2002), As cinzas adentras (2004) e Casa de orfas (2006).
Manuel Vilariño publica Ruínas ao despertar: 
"un libro de amor e de dor" no que o poeta espido que sempre estivo presente en Vilariño emerxe con toda a súa forza para falar sobre a morte e a ausencia (El País, 03-06-2011).
A Italo Svevo podemos lerlle en galego Senectude (Rinoceronte):
De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ao imperio austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida­. Tras casar cunha curmá súa en 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa segunda novela, Senectude (1898) (Xornal de Galicia, 04-06-2011).