5.7.11

Noticias de literatura-107. Xuño 2011

Rubén Martínez Alonso fala da novela 1980 (ano cero):
"A hipocrisía contaxiarase entón ó eido público dende o privado, ás relacións sociais, porque os individuos xa non son capaces de concibir un mundo sen mentiras, falsidades, sen praceres colectivos que satisfagan á masa, ó tempo que impiden a realización do suxeito, do singular, do ego". É unha das reflexións do protagonista de 1980 (ano cero), a primeira novela de Rubén Martínez Alonso (Galicia Hoxe, 21-06-2011).
Miro Villar fala de literatura e do seu poemario As crebas:
As Crebas repara en perdas emocionais, vitais pero tamén eriais como a desaparicióncultura vencellada ao mar. "Hai moito de saudade neste libro. Son perdas no mundo dos afectos pero tamén de actividades como a carpintería de ribeira que van esmorecendo e cambiando noutra dirección. Así, por exemplo, o mundo da pesca musealízase e aparece ás veces só como un decorado", sinala Villar (Galicia Hoxe, 22-06-2011).
Artigo de Luis Cochón, “As crebas náufragas”, Galicia Hoxe 23-06-2011, sobre o poemario de Miro Villar.
Manuel Portas, Un dedo manchado de tinta: artigo de Montse Dopico sobre o autor e a súa obra (Galicia Hoxe, 22-06-2011);
Polas páxinas deste libro desfilan, a partir das fantasías dun aspirante a escritor, as vidas de Alberte, funcionario municipal que se mergulla nos arquivos na procura de respostas para un fillo de emigrante; Malulú, vendedor ambulante senegalés que se encontra cunha muller galega, María, e que é socialmente condenado por ser quen é; Carme, que se debate entre a súa filla e o seu amor polo home encarcerado acusado de violala; Cristina, nai e sindicalista incansable e Chus, investigadora que se enfronta a unha trama de corrupción con recualificacións de terreos.
Elías Portela / Elías Knörr entrevistado no Galicia Hoxe (23-06-2011):
O escritor e lingüista Elías Portela (Cangas, 1981), considerado un dos tres autores máis destacados da poesía islandesa baixo o pseudónimo de Elías Knörr, é unha illa en expansión.
Xavier Rodríguez Barrio, entrevista en Galiciaè (22-06-2011) por mor da publicación de Calado Testamento:
O título foi este desde o principio, nalgún mometo tivo outro, pero acabou chamandose Calado Testamento, porque ao chegar aos 50 anos hai que facer balance: balance de vida, da terra, de Galicia... Balance mesmo no amoroso, do familiar, sobre a inocencia de outros tempos. Un resumo vital. A palabra “testamento” pode que teña connotación oscura, pero o que se pretende é facer balance sobre estas propiedades inmateriais. Cando fas un testamento é algo que non se vai abrir ata que morras. Así que facendo uso da metáfora, falo de vivenzas caladas as que xorden no libro. E están aí para quen queira lelo ou escoitalo porque insisto en que é máis importante recitar estes poemas que o que os lean. Prefiro recitar, ou mellor dito: decir os poemas porque é un contacto directo coa xente.
Kiko Neves fala con Montse Dopico sobre a súa última novela:
"Ponteareas, ano mil novecentos oitenta. A ditadura seguía no seu máximo apoxeo: un alcalde falanxista, unxido dende o ano anterior por unhas eleccións tramposas ou democráticas (ao longo dos anos sigo sen entender as diferenzas), e un párroco de sotana negrísima e verbo de veterano ex combatente eran as referencias de poder e de cultura". Son palabras do narrador e protagonista de O día que morreu Steve Macqueen. Unha novela de Xabi Ribax, o novo libro de Kiko Neves (Galicia Hoxe, 24-06-2011).
Agustín Fernández Paz fala de Non hai noite tan longa:
Gabriel Lamas e Agustín Fernández Paz teñen máis ou menos a mesma idade. Ambos padeceron a ditadura franquista, aínda que as súas biografías foron distintas. O protagonista da novela ten 50 anos cando regresa en 2002 a Monteverde, a súa vila natal, despois de tres décadas en París. Aínda non sabe moi ben por que cruzou a fronteira dos Pireneos en 1972, deixando o seu pai no cárcere por un delito que non cometera, nin por que regresa. Non é soamente para soterrar a súa nai. Ten unha conta pendente co seu pasado: facer xustiza e limpar a memoria do seu pai (Xornal de Galicia, 24-06-2011).
Fina Casalderrey, cociñeira de historias”, artigo de Xavier Senín en El País (26-06-2011):
En apenas 20 años publica medio centenar de libros, algunos de los cuales se pueden leer en todas las lenguas de la península ibérica y también en francés, inglés, italiano y coreano. Y todo eso desde la humildad, que la lleva a reconocer que hay muchas cosas que no sabe y, sobre todo, su deseo de seguir aprendiendo de los libros, de la naturaleza y de los demás. Le gustaría haber hecho cosas que no hizo y saciar aquella vieja escasez de lecturas, tapar ese vacío que no se llena con nada, como si fuese un tiempo de desamor.
Marga do Val preséntanos A cidade sen roupa ao sol:
(...) gran parte dos poemas d­esenvólvense na urbe tudense, na que a autora pasou “a meirande parte da infancia” e que ela converte a través das letras “nunha especie de metáfora. “Simboliza certo tipo de prisión, coma se eu fose unha especie de Rapunzel”. “Unha prisión desde onde se poden observar vieiros de liberdade que busco co que escribo”, explica a autora (Xornal de Galicia, 29-06-2011).
Atlántico Memoria Audiovisual presenta dous traballos sobre a nosa historia: “Para contar a Historia moderna é necesario, engade Durán, “coñecer con profusión tanto os acontecementos previos e iniciais que xeran o seu desenvolvemento, como a biografía dos seus protagonistas principais” (Xornal de Galicia, 29-06-2011).
Manuel M. Barreiro presenta A novísima dereita e nós: ”analiza neste ensaio os dous primeiros anos de goberno-Feijóo” (Xornal de Galicia, 29-06-2011).
Yolanda Castaño entrevistada en El Mundo (01-07-2011) por mor da presentación de Cociñando ao pé da letra (Galaxia). A entrevista repasa a traxectoria poética da autora.
Polaqia di adeus:
Surgieron como alternativa a un yermo panorama del cómic gallego donde sus trabajos no tenían cabida. En 2001 un grupo de jóvenes optaron por unirse y autoeditar su talento. Hoy, diez años después, el colectivo Polaqia ha logrado traspasar fronteras, ha sentado las bases del panorama actual y sobre todo y más importante, ha conseguido el objetivo por el que nació, demostrar que era posible publicar cómic en Galicia y superar las trabas económicas (El Mundo, 02-07-2011).
Etiquetas: , , , , ,

Ningún comentario: