28.7.11

...excepto las noticias militares

Seica se vai catalogar e dixitalizar o arquivo do centro territorial de TVE en Galicia. Lémolo na reportaxe de Xosé Manuel Pereiro, "Galicia enlatada", El País 22-07-2011.
Á parte do valor documental, gardan outros valores de difícil catalogación. Por exemplo, aquela media horiña (creo que, máis ou menos, era o que duraba) de desconexión territorial no que se podía escoitar e ver falar en galego nunha televisión era moito máis do que podía ter soñado calquera galeguista histórico. ¡E aínda en tempos de Franco! Dende aquelas, a situación mudou nalgúns casos para bencísimo e noutros para todo lle cómpre.
Mais o que resulta salientable dende o aspecto social da lingua é a estrañeza do presentador Xoán Barro:
"Lo que más me extrañó era que en lo que entonces se llamaba Panorama de Galicia se emitía todo en gallego, excepto las noticias militares". "Es que como muchos vienen de fuera...", le explicó mucho después el que fue primer director del centro, Eugenio Pena.

Imaxe de finzioni.

Ningún comentario: