30.6.11

Agasallo de Arquivos do trasno

Recibín este agarimoso agasallo do blog amigo Arquivos do trasno. Agradézollo de corazón e colócoo aquí, permítaseme dicilo, con orgullo. Tamén é unha grande satisfacción dar cumprimento ós requisitos esixidos: facer partícipes desta distinción a outros doce blogs, avisalos do agasallo e publicar o seu enderezo. Velaquí van os meus, de entre os moitos que merecen ser agasallados:


6 comentarios:

Rpmán dixo...

No Caderno de Lingua quedamos moi agradecidos con este agasallo, e máis vindo da RdF, un blogue referente para apoiar o ensino da literatura no ámbito escolar... e non só.

Apertas

Ramón Nicolás dixo...

Desde o Caderno da crítica quédovos tamén moi agradecido. Parabéns polo voso traballo e moitas privameras máis para os blogues galegos e en galego!

Marina dixo...

Un novo agradecemento desde Camiño longo. É unha honra moi grande recibir este agasallo.

Ronsel dixo...

Moitísimas grazas. Non só é un honor por recibilo deste blogue de referencia, senón por estar a carón de quen nos sitúas. Apertas

auga nos labios dixo...

Recibo este agasallo con moita ilusión e agradecemento xa que ven ademáis, da man dun Referente esencial no espallamento das nosas letras, Revolta da Freixa,

unha forte aperta

X dixo...

Mil grazas e saúdos, imperdoable non llelo ter agradecido antes, pero a alegría de que sigan a pensar na Selva é a mesma. Saúdos.