Fernández/MARIBEL LONGUEIRA |
Fernández Ferreiro publica a súa historia do grupo Brais Pinto:
“É unha crónica, é unha reportaxe. Son unhas memorias”. Así describe o escritor Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931) o que será o seu próximo libro: De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde. Nesta obra, que publicará en outono Xerais na súa colección Crónica, Fernández Ferreiro retratará as vivencias do histórico Brais Pinto, grupo do que formou parte (Xornal de Galicia, 4-07-2011).
Arturo Casas publica Alusión, unha análise do discurso ideolóxico da dereita:
Por las páginas del libro, en las que conviven el rigor analítico y el humor colindante con la sátira, desfilan medios de comunicación, industrias y organismos públicos de la cultura, partidos, escritores, las ideas de nación o identidad (El País, 07-07-2011).
O escritor Francisco Castro. | Galaxia |
Franscico Castro entrevistado por Montse Dopico por mor da presentación de In vino veritas:
O que semella unha obra do xénero policial é en realidade unha novela de desamor e de crítica dunha sociedade que tira ao lixo un tempo precioso hipnotizada diante dunha televisión parva. Os personaxes acaban revelando a súa 'cara B', como a define o seu autor: aquela que, de ser mostrada, faría que os que nos aman xa non o fixesen tanto. E, de novo, un narrador omnipresente reflexiona sobre un mundo no que todo é fráxil, mesmo os afectos (El Mundo, 06-07-2011).
Francisco Castro fala con Lucía D. Bóveda sobre In vino veritas:
Está escrita desde la rabia, casi desde la ira. Uno de los núcleos de la narración es el mundo de la telebasura y la trama sirve para destapar todas las miserias que rodean a un medio como la televisión que nos ofrece miseria enlatada (Faro de Vigo, 28-07-2011).Diego Ameixeiras gaña o Premio Novela por Entregas:
Historias de Oregón é o título da novela por entregas que durante cada día do mes de agosto poderán disfrutar os lectores do periódico (La Voz de Galicia, 08-07-2011).Primeiras achegas críticas a Historias de Oregón e Diego Ameixeiras. Noticia bibliográfica sobre Diego Ameixeiras. Entrevista con Diego Ameixeiras.
Agustín Fernández Paz fala de Non hai noite tan longa:
"O libro ten unha historia que vertebra o que se quere contar, pero do que se trata é de botar unha ollada crítica, moral, sobre a época na que a miña xeración era nova, nos anos 60", explica o autor (El Mundo, 07-07-2011).
Unha obra de Xosé Cid lembra a Xosé María Díaz na Insua dos Poetas do Irixo. santi m. amil |
Xosé María Díaz Castro, cincuenta anos de Nimbos:
A conmemoración do 50.º aniversario da publicación de Nimbos e a figura do poeta Xosé María Díaz Castro (Guitiriz, 1914-Lugo, 1990) centraron a celebración da terceira edición da Festa da Palabra, convocatoria anual que se celebra na Insua dos Poetas, en Madarnás (O Carballiño) (La Voz de Galicia, 10-07-2011).
Xavier Rodríguez Barrio fala no Xornal de Galicia (12-07-2011) sobre lingua e poesía:
Xavier Rodríguez Barrio (Lugo, 1956) volveu ao primeiro plano da literatura galega. Coa súa nova obra, Calado testamento, rachou máis dunha década de silencio poético e, de paso, gañou a última edición do Premio Cidade de Ourense de poesía.
O grupo Gaelt (Universidade de Vigo) presenta un monográfico sobre o poeta Lois Pereiro:
Este poeta, que se converteu no protagonista do ano tras a súa homenaxe do Día das Letras Galegas, ofrece a figura dun autor complexo e senlleiro, ás veces periférico, coma un outsider, ata o de agora lonxe da canonización académica (Xornal de Galicia, 16-07-2011).
Antonio Piñeiro Fernández gaña o García Barros con As fiandeiras:
La voz principal de una niña cuenta los sentimientos y condiciones de un grupo de mujeres trabajadoras en tiempos revolucionarios de la Primera República (La Voz de Galicia, 22-07-2011).
Jacobo Fernández Serrano presenta Breve encontro:
é un achegamento en forma de cómic á biografía e obra do poeta [Lois Pereiro]que se inicia cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas do poeta monfortino (Galicia Hoxe, 22-07-2011).
Iria Morgade. Foto: La Voz de Galicia |
Iria Morgade, premio Biblos por Verbas no ar:
O xurado considerou esta obra como “actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno” (Xornal de Galicia, 23-07-2011).Noticia do galardón en La Voz de Galicia (23-07-2011).
Vanesa Sotelo, premio Abrete de teatro por Campo de covardes:
El texto es una reflexión "sobre la violencia política". "Pretendía ser un ensayo sobre la cobardía", apuntó la autora, a la espera de lecturas actuales. Los cuatro personajes no pueden abandonar un territorio abstracto delimitado por serrín. "A base de no reaccionar, acaban paralizados" (El País, 23-07-2011).
Xavier Queipo fala de Ártico, e outros temas, en El Mundo (23-07-2011):
Ártico funo "reencontrando" en varias ocasións, por exemplo nas traducións integrais ao portugués (1998 e 2004) e ao francés (2011), e as traducións de certos contos ao inglés (2008) ou ao castelán (2007). Iso levoume a ter que explicar certos xiros, a darme de conta dalgunhas grallas tipográficas ou erros de documentación na edición orixinal. As revisións son sempre necesarias.
Alexandre Bóveda: achegamento á súa figura no 75º aniversario do “fusilamento”:
"Hice cuanto pude por Galicia y haría más si pudiera. Si no puedo hasta me gustaría morir por mi patria. Bajo su bandera deseo ser enterrado, si el tribunal juzga que debo serlo", son palabras pronunciadas por el político gallego Alexandre Bóveda durante el juicio que lo condenó a muerte en el verano de 1936 (El Mundo, 25-07-2011).
Diego Ameixeiras premiado na Semana Negra por Dime algo sucio:
A novela, publicada en galego por Xerais e en castelán por Pulp Books, foi presentada o pasado domingo na programación deste festival especializado na literatura negra, criminal e de xénero (La Voz de Galicia, 29-07-2011).
Fina Casalderrey entrevistada en La Voz de Galicia (30-07-2011) por mor dunha nova edición de Un misterio na mochila de Alba:
“celebrou vinte dá publicación dá súa primeira obra coa nova edición dun misterio na mochila de Alba, unha obra que lanza Oxford e que precisamente ela dei que dedica aos mestres”.
Shakespeare, sonetos en galego:
Ramón Gutiérrez Izquierdo presenta esta versión exemplar dos Shakespeare´s Sonnets acompañada de comentarios e notas sobre todos e cada un dos 154 poemas que forman o libro, que son máscaras diversas do home das mil caras que foi William Shakespeare (Xornal de Galicia 30-07-2011).Etiquetas: narrativa, poesía, premios_literarios, brais_pinto
Ningún comentario:
Publicar un comentario