Non hai noite tan longa é unha novela negra, inzada de referencias literarias, cinematográficas e sociais contemporáneas ás personaxes nun esforzo de verosimilitude contado con axilidade e detalle, as marcas da casa. O propio Fernández Paz liquida tamén unha débeda, que lle ronda desde antes de Corredores de sombra, a novela que se inicia coa descuberta dun esquelete entre as paredes do pazo de Vilarelle: "É abrir unha fosa, un axuste de contas coa miña xeración; non podemos esquecer o que nunca se soubo. Aínda hogano seguimos alucinando cos roubos dos nenos". Explícao Gabriel Lamas: "A verdade doe, pero tamén nos fai máis libres. O delito prescribe, pero a indignidade non" (El País, 27-05-2011).
Tinta de lura ou a poesía en camisola:
Afirman que: "Cremos na cultura galega. Non somos un país. Somos un exército de poetas". Eles sentiron esa complicidade metálica cos escritores galegos e queren sacar a poesía dos altares e levala aos colexios, aos festivais, ás asociacións culturais. Devolverlle á xente o que é da xente (Galicia Hoxe, 28-05-2011).
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador (Xornal de Galicia, 29-05-2011).
é unha poeta encadrada na Xeración dos 90. En 1999 obtivo o Premio Faustino Rey Romero e Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, aos que seguiron o Johán Carballeira (2000), o Fermín Bouza Brey (2001), o Modesto R. Figueiredo, o Certame Manuel Murguía de narracións breves (2002), o Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño (2005). En 2010 gañou o IX premio de poesía Novacaixagalicia coa obra Antítese da ruína. Ademais, ten publicado Diario bautismal dunha anarquista morta (1999), Grimorio (2000), Bestiario de silencios (2001), Velenarias (2001), As posturas do día (2001), Os cadernos d’amor e os velenos (2002), As cinzas adentras (2004) e Casa de orfas (2006).
"un libro de amor e de dor" no que o poeta espido que sempre estivo presente en Vilariño emerxe con toda a súa forza para falar sobre a morte e a ausencia (El País, 03-06-2011).
De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ao imperio austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida. Tras casar cunha curmá súa en 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa segunda novela, Senectude (1898) (Xornal de Galicia, 04-06-2011).
Ningún comentario:
Publicar un comentario