Conto esta animalada porque acabo de ler esta noticia.
Cheira a "ya te pillaré a la vuelta de la esquina". ¿Ou non?
No mesmo xornal lemos estoutra noticia: "Feijoo insiste no 'bilingüismo cordial'". As súas razóns están ben fundamentadas:
Ó dirixente do PPdeG non lle parece ben que "nos digan a lingua na que temos que aprender a ler", e considerou que o galego non se debe "impor", xa que se non lle "faremos un fraco favor" á lingua, xa que "cando hai algo que é obrigatorio, normalmente non é querido".
Si, señor. Porque en calquera país do mundo, cada pai escolle a lingua que lle peta para que lle aprendan a ler ós seus fillos.
E a ver se hai sorte e non resucita aquel que deixou dito que no necesitamos gente que lea, sino bueyes que aren.
(Imaxe de http://ctomedicina.com/Jueces/Images/Jueces.jpg.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario