8.7.07

Lingua revolta (4)

E seguimos, como era de esperar. En La Voz de Galicia publícanse dúas entrevistas cos voceiros do PSOE e do PP. Cadaquén fala da feira segundo coida que lle vai nela.
O socialista sostén que se fixeron todos aqueles cambios necesarios para manter o consenso, o Plan de Normalización e a legalidade do texto final.
O popular avisa do "claro risco de caer no monolingüismo", ademais da creba de certos principios fundamentais que atinxen ós "dereitos dos pais, dos dereitos dos alumnos e de evitar calquera perigo de inmersión lingüística, e na lingua que sexa".
No medio das dúas fileiras de dentes queda a pobre lingua galega que, curiosamente, sempre que se trata de gardar a legalidade é a que acaba perdendo.
¿Ou non?
(Imaxe de http://www.worth1000.com/cache/gallery/contestcache.asp?contest_id=7897&display=photoshop.)

Ningún comentario: