6.7.07

Lingua revolta (3)

O secretario do Consello da Cultura agoira "malos tempos tempos para a 'pax lingüística'" de seguiren as posturas políticas como agora están: os populares opóndose ó Plan de Normalización e usando a lingua como "pólvora barata" para as súas leas políticas. De pasada, os expertos sinalan a inexistencia de dificultades serias para que un castelanfalante adquira competencias lingüísticas en galego. (A outros, con menos medios, mergulláronnos no castelán, sen preguntarnos se queriamos ou non, e nin por iso morremos nin odiamos tal idioma nin farrapo de gaita. Dos resultados académicos, mellor non falamos.)
Pola súa banda, as cabezas pensantes do PP insisten na ilegalidade, ou aínda algo peor, do decreto: “O decreto do galego é unha traizón”. Disque se trata dun decreto ilegal, que mesmo pode ser inconstitucional, que é unha traizón ó consenso ó que chegaran as tres forzas políticas de sempre, etc. Haberá que facer un máster para entender a legalidade; neste país segue sendo unha fonte inesgotable de comida para avogados.

Neste gremio, o galego (idioma) pinta pouco. ¿Implicaría poñérense a réxime?









Ningún comentario: