Non son listos nin nada. Matan dous paxaros dun tiro: quedan como señores sensibles e aumentan as vendas.
Sobre a aventura antes citada, o propio Hergé manifestou o seu arrepentimento. Tampouco foi a única que "corrixiu" conforme foron pasando o tempo e as edicións. Mesmo chegou a facer versións diferentes dalgunhas historias segundo o país no que ían ser publicadas. Quen queira debruzarse sobre estes aspectos só ten que botarlle unha ollada ó estudo dun coñecido tintinólogo: Michael Farr, Tintín. El sueño y la realidad, Zendrera Zariquiey, Barcelona, 2002. Tamén se toca o tema nas revistas Arte y parte (12, decembro 1997-xaneiro 1998) ou Leer 141, (abril 2003).
É verdade que os negros se teñen que sentir aldraxados (aínda que "Na República Democrática do Congo o libro está en venda libre sen crear incidentes"). Máis ou menos coma eses gallegos que son tratados de parvos ou monos. Hergé seica non era racista. Non creo que se poida dicir o mesmo do rei Leopoldo ou da requilindoria de reis e raíñas de Inglaterra; e nos Estados Unidos tampouco abondan os dedos dunha man para contar os mortos por tal motivo.
Hergé recolleu nas aventuras do seu personaxe o que había no ambiente. O seu traballo paga agora os pratos rotos (e de paso dan beneficios) da mala conciencia que provocan algúns feitos históricos e que molestan na memoria colectiva.
En conclusión: o porco non son eu por estar cheo de merda (dispensando), senón que o es ti por mo dicires. Rilla agora ese óso, Milú.
E xa que estamos, botémoslle unha ollada ó blog Nova frente. Descríbese como "um blogue de ideais e cultura". O artigo "Tintin esbulhado" axuda moito a entender a cuestión da corrección política.
Ningún comentario:
Publicar un comentario