Para o club de lectura de Ray Bradbury, Fahrenheit 451
Coa intención de que poida servir de guía de lectura, propoño este
CUESTIONARIO
- Comenta o dobre concepto de “ser sociable” (pp. 51-52).
- O comportamento e as actitudes da xente segundo Clarisse (véxanse pp. 52-53).
- O suicidio na novela (véxanse pp. 34, 54, 63...).
- Describe a crise persoal do bombeiro Montag. Podes empazar botándolle unha ollada á p. 68.
- Comenta os problemas que crea a incomunicación, segundo se reflicte na novela.
- As máquinas e os humanos. A súa importancia nas condicións de vida.
- ¿Que valor teñen os libros para o bombeiro Montag?
- A filosofía da vida do capitán Beatty.
- O capitán Beatty di: “A palabra intelectual converteuse no que merecía: un insulto” (p. 84). Comenta o alcance desta afirmación.
- Fai o mesmo con estoutra frase do mesmo personaxe: “Non se trata de que todas as persoas nazan libres e iguais, como di a Constitución, senón de facelas iguais” (p. 84).
- Na situación descrita na novela, ¿que valor poden ter nomes como “Brigada da Alegría” ou “Equipo da Felicidade”? (Cfr.: p. 88).
- ¿Con que se xustifica a teimosía contra os libros?
- ¿Por que se considera disidente un lector de libros?
- ¿Con que recursos conta a sociedade de Fahrenheit para superar o estrés?
- ¿Que busca a xente nos libros? ¿Pode atoparse noutro lugar?
- ¿A que se está a referir o vello Faber cando cita “o rabaño inamovible da maioría”? (Véxase p. 140).
- Na sociedade da novela, ¿que temas interesan e cales non? (Podes comezar pola p. 183, p. ex.).
- ¿Por que se lembra na novela a ave Fénix? (Cfr. p. 197).
- Comenta o tratamento da guerra na terceira parte da novela.
- ¿Que valor se lle dá á memoria na novela?
- O simbolismo do lume e as súas manifestacións na novela.
- A novela é unha distopía. Segundo a túa lectura, ¿darías caracterizado tal distopía?
Ray Bradbury, Fahrenheit 451. Vigo, Xerais, 2005. Tradución de María Magdalena Fernández Pérez.
Imaxe de Relevant: The chronicles of Ray Bradbury.
Etiquetas: cuestionarios_lecturas, Ray_Bradbury, narrativa, club_lectura, Fahrenheit_451
Ningún comentario:
Publicar un comentario