5.3.11

El gallego feo de Marta...

Grazas ó repaso que Ferradura en tránsito lle dá á cultura, lingua, sociedade e política do país, volvemos tropezar coa (agora ex-) concursante de GH12. No blog que cito  hai unha ligazón a un vídeo de Chema Montero que non quero deixar de apegar aquí.
Diante miña vexo todos os días moitas martas, bilingües en idioma e medio (cando non en medio idioma), que se senten montunas aínda que vivan na vella liña do tranvía que vai de Chapela a Bouzas.
Quen ande pola zona sabe que se tropeza ó saír da casa acaba escornándose na reixa de "abrir Vigo al mar". Pero o de "montuno" non obedece ó lugar onde se sitúe a casa, senón a certo idioma que seica provoca alerxias.
Velaí vos queda o vídeo de Chema Montero.

Ningún comentario: