18.3.11

Noticias de literatura-99

Inma López Silva fala con Manuel Vidal Villaverde sobre lingua, política e literatura dramática (Galicia Hoxe, 7-3-2011).
Espiral Maior pon nas librerías cinco novos poemarios: Farruco Sesto, Eva Veiga, Diana Varela, Iria Fernández, Ludwig Zeller.
Gonzalo Amoedo investiga A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra:
O libro mantén durante as súas máis de 350 páxinas este ton crítico e claro, o mesmo co que conclúe que "diversas familias da aristocracia oligárquica e as xerarquías producidas durante o franquismo seguirían a manter diversos membros nas altas instancias da sociedade actual, incluídos os estratos políticos". Deste xeito, "o capitalismo familiar pontevedrés, que xirou arredor das familias non galegas en orixe (Bárcena, Massó, Curbera, Sanjurjo, Portanet, Oya, Puig Gaite, Munáiz, Mon), vinculadas algunhas ao mundo da pesca e todo o que este creou ao seu redor, acada límites asombrosos. Esas mesmas familias serán as que financien a Falanxe e cooperen ao éxito do golpe de Estado, sendo o seus fillos os militantes máis comprometidos nos primeiros momentos" (Galicia Hoxe, 8-3-2011).
Daniel Lanero Táboas estuda outros aspectos da mesma etapa en Historia dun ermo asociativo:
Un estudo polo miúdo dos labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galiza baixo o franquismo. Aínda que centrado no territorio galego, o tecido da obra agacha en clave contextual un solvente estudo do papel que o franquismo, desde diversas e variadas políticas e estruturas, en todo o territorio do Estado español (A Nosa Terra, 11-03-2011).
Espiral Maior edita poesía para nenos:
vén de poñer en marcha unha colección poética destinada aos máis cativos, que recibe o nome de Lúa Lueira, e que se abre con dous títulos: Parece unha rosa, de Rosalía de Castro, e Cantiga do mazarico, de Emilio Pita. Ambos os dous volumes están ilustrados por Isabel Pintado (La Voz de Galicia, 13-03-2011).
Dolores Vilavedra fala en El Mundo (13-03-2011) sobre a literatura galega de fin de século:
Na etapa postfranquista, a literatura galega non iniciou o proceso de institucionalización dun campo autónomo ata a aprobación do Estatuto de Autonomía. A narrativa adquiriu a condición de xénero hexemónico e ampliáronse os horizontes temáticos e discursivos ó mesmo tempo que mudaban o modelo de autor, o de lector e o de editor desde unha posición militante a outra máis plural.
Miguel Anxo Fernández volve poñer en acción a Frank Soutelo en Lume de cobiza (Galaxia):
A serie de Soutelo comezou no 2002 con Un nicho para Marilyn e continuou con Un luar no inferno, e Tres disparos e dous friames (La Voz de Galicia, 18-03-2011).
Procedencia das imaxes:
A Nosa Terra (foto da praza de abastos) e La Voz de Galicia (capa de Parece unha rosa e Miguel Anxo Fernández).

Etiquetas: , , , , , , , , ,

Ningún comentario: