1. Montag vive nunha cidade e traballa nunha compañía de bombeiros incendiarios que perseguen cidadáns disidentes que cometen o delito de posuíren e leren libros. Os encontros cunha veciña nova chea de alegría, a crise matrimonial, a vida mísera que leva, o feito de non gustarse nin a si mesmo abren unha fenda no pensamento politicamente correcto de Montag. Decide ir agachando e lendo libros en privado, feito que escandaliza a muller e as súas amigas. Tamén establece contacto co vello Faber, profesor que levaba moitos anos destituído.
O capitán Beatty, xefe de Montag, sabe da crise do subordinado e tenta reconducilo. Non ten éxito e, previa denuncia da muller do bombeiro, decide facerlle queimar a casa e arrestalo inmediatamente despois.
Montag reacciona, queima o xefe e o sabuxo e fúgase para o bosque. Ten éxito na fuga. Acólleo unha comunidade de disidentes e coñece a Granger, líder do grupo. Estala unha guerra que destrúe a cidade. Os disidentes fan plans de futuro para cando retornen á vida urbana.
2. A novela é unha distopía. O lector de hoxe non debe esquecer que foi escrita a principios da década de 1950, que marca tamén o inicio da consideración da literatura de ciencia ficción. Ray Bradbury será un autor destacado do xénero caracterizado pola súa visión pesimista da sociedade. Para a crítica, esta novela representa unha denuncia do macartismo, pero lembra tamén as fogueiras dos autos de fe e a queima de libros da Alemaña nazi de 1933; e os lectores destas terras podemos incluír tamén as nosas propias fogueiras de libros durante a guerra civil.
A guerra da novela tamén agacha unha crítica ó uso da bomba atómica.
3. A novela conta con varias versións cinematográficas. Entre nós, contamos cunha montaxe teatral de Limiar Teatro inspirada na novela:
“Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio e transmíteo de xeración en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros poidan volver a imprimirse”.
4. Sitiografía

- Fahrenheit 451: artigo na Galipedia.
- Fahrenheit 451: artigo na Wikipedia, en portugués.
- Ray Bradbury: artigo na Galipedia.
- O xograr lector: análise da novela.
- Ernesto Assante, "Addio a Ray Bradbury maestro di sogni", La Repubblica, 06-06-2012.
- Jacinto Antón, "Ray Bradbury viste de luto Marte", El País, 06-06-2012.
Ray Bradbury, Fahrenheit 451, Vigo, Xerais, 2005. Tradución de María Magdalena Fernández Pérez.
Etiquetas: Ray_Bradbury, Fahrenheit 451, narrativa, distopía
Ningún comentario:
Publicar un comentario