16.10.10

O grupo Brais Pinto na literatura galega. Miniquest

Déixovos esta segunda miniquest sobre o grupo Brais Pinto. Na primeira propúñavos unha visita ó Verbum e facíavos referencia ás propostas didácticas desta entidade. Nesta segunda miniquest, insisto na visita e prégovos que reparedes especialmente nos aspectos literarios que afectan ó grupo que se estuda.
As miniquest que se enlazan aquí son tarefas de carácter voluntario. As condicións de execución, data de entrega e valoración xa as comentamos e son as que figuran na programación de aula.
Para acceder á miniquest, premede no título do post.

1 comentario:

Román dixo...

Parabéns por este novo recurso, de moita utilidade nas aulas (hei de testalo cando cheguemos a este tema).

Saúdos

Román