Premios de teatro para Raúl Dans, Xavier Lama, Neira Cruz e Inacio Vilariño:
Raúl Dans resultou gañador na XIX edición do Premio Álvaro Cunquerio para Textos Teatrais, pola súa obra Chegamos despois a unha terra gris. Unha proposta que, en palabras do autor, se somerxe "nas zonas escuras da alma humana" nunha historia protagonizada por mulleres de todas as idades, para descubrir o público ao "descoñecido" que cada persoa leva dentro. Así mesmo, o V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil foi para a obra Os reloxos preguiceiros de Néboa, do escritor e xornalista Xabier Lama. O xurado destacou a orixinalidade do tema, a fantasía da concepción dos personaxes, o alto grao de elaboración literaria e a singularidade do mundo creado (Xornal de Galicia, 18-10-2010).A noticia desenvolvida no Xornal de Galicia (19-10-2010), no Galicia Hoxe (19-10-2010), A Nosa Terra (18-10-2010) e La Voz de Galicia (20-10-2010).
O contador de estrelas, de Jaureguizar, lectura recomendada polo Galicia Hoxe (Ler na escola):
O contador de estrelas é unha novela que trata sobre o derrubamento da candidez, sobre o salto sen rede á madureza dunha rapaza que ve como o amor, a amizade, a aventura e a mentira lles dan a volta á súa visión inocente da realidade. Unha aventura que se divide nos dous meses, xullo e agosto, que a rapaza vivirá como unha auténtica experiencia (Galicia Hoxe, 20-10-2010).Brais Rodríguez Verde gaña o Castelao de Banda Deseñada con A man do diaño:
da que destacou [o xurado] que “a partires dun anécdota sinxela constrúe, nun relato ucrónico, un alegato humanista e antibelicista” (Xornal de Galicia, 25-10-2010).Noticia do evento en La Voz de Galicia (25-10-2010): “Brais Rodríguez se lleva el premio Castelao de cómic” e “Un alegato antibelicista de Brais Rodríguez gana el premio Castelao” (26-10-2010).
Retranca e o estraño secuestro (Xornal de Galicia, 26-10-2010).
Artigo en El País (27-10-2010): “Retranca se queda sin emprenta por sus chistes sobre el Papa”.Segundo Faro de Vigo (27-10-2010): “Una revista satírica ‘secuestrada’ por un chiste sobre el Papa”.
La Voz de Galicia (31-10-2010) conta o desenlace do suceso e o aniversario de Retranca.
Os oficios de Chuquelo, de Pinto & Chinto, recomendado por Galicia Hoxe (27-10-2010):
Chuquelo é un can moi especial que vai vivir mil e unha aventuras porque non atopa o seu lugar neste mundo. Este peculiar cánido intenta facer ben as cousas, pero é un can sen oficio nin beneficio. Como can é un desastre. Só desenterrar ósos o compensa da súa tristura. Velaí a clave da súa vida.Antoloxías sonoras:
"Temos a certeza de que escoitar e ler os nosos poetas permitiralles comprender mellor a singularidade coa que naceron como pobo, e guiaraos por ese camiño de emoción que tanto axuda o home a se realizar". Así explica Francisco Villegas o novo proxecto da editora que dirixe, do Cumio, que acaba de tirar do prelo o primeiro e o segundo volume dunha colección de antoloxías sonoras dos poetas galegos actuais máis importantes (Galicia Hoxe, 29-10-2010).Titúlanse Nacer é unha república de árbores e De sombras e poemas que son casas, dúas antoloxías sonoras de Chus Pato e Xosé María Álvarez Cáccamo respectivamente preparadas, e lidas en voz alta, polos propios autores. Cada volume, editado en tapa dura, vai acompañado dun CD con gravacións de Pato e Cáccamo (Xornal de Galicia, 31-10-2010)
Ricardo Carvalho Calero lembrado por Miguel Anxo Fernán Vello no centenario do seu nacemento: “foi un paradigma de sabedoría, compromiso galeguista e nobreza persoal” (Galicia Hoxe, 29-10-2010).
A Nosa Terra (28-10-2010) dános a nova da semana dedicada á figura de Carvalho Calero e da inauguración dunha estatua na súa honra.Galicia Hoxe (30-10-2010) dános noticia da musicalización da poesía de Cavalho Calero e da organización dun congreso sobre o autor. No mesmo xornal (31-10-2010), lemos a noticia da celebración do centenario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario