14.10.10

Noticias de literatura-87

Marica Campo fala de lingua e literatura para o Xornal de Galicia (3-10-2010) por mor da publicación de Onde houbo lume:

a escritora explora o complexo universo das vidas femininas contadas non como decorado, complemento ou contraste estilístico, senón dende dentro delas mesmas e dende o afán por as comprender na súa especifidade.
Manuel Rivas: artigo de Pablo L. Orosa sobre a obra Todo é silencio:
Nos anos oitenta, cando se produce a internacionalización do narcotráfico, aparecen os vellos nomes, "os que se curtiron no vello negocio". Homes cautos e astutos, que se lucraron a principios de século con calquera tipo de mercancía: wolframio para o armamento alemán durante a segunda Guerra Mundial, dinamita para a pesca -como na actualidade- ou ata co tráfico de persoas.
No entanto, Todo é silencio aborda unha etapa posterior, entre 1968 e principios dos anos 80. O período en que os contrabandistas pasan do tabaco á cocaína e créanse as primeiras redes internacionais do narcotráfico (Galicia Hoxe, 3-10-2010).
Noticia de Todo é silencio no Xornal de Galicia (8-10-2010).
Artigo de Xesús Fraga (La Voz de Galicia, 9-10-2010) que describe o marco sociolóxico que se desenvolve na novela: Rivas: «O peor tóxico do narcotráfico foi a creba das defensas éticas da sociedade».
Faro de Vigo (14-10-2010) recolle a presentación de Todo é silencio.
A esmorga volve ó cine, pero desta vez
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do proxecto cinematográfico para levar ao cine a famosa obra de Eduardo Blanco Amor A Esmorga. Editorial Galaxia, representada polo seu director, Victor Freixanes, e o director de cine Ignacio Vilar, están a desenvolver conxuntamente “un proxecto netamente ourensán” (Xornal de Galicia, 4-10-2010).
Noticia da rodaxe d’A esmorga no Galicia Hoxe (5-10-2010). A noticia recollida en La Voz de Galicia (5-10-2010)
Andrea Maceiras entrevistada no Galicia Hoxe (5-10-2010) por mor do premio Meiga Moira, acadado con Violeta tamurana:
Unha obra que cualifica como unha "alegoría contra o racismo" na que advirte os seus lectores de que "quen sustenta o dominio sobre os pobos o fai mantendo a ignorancia e o temor ao descoñecido e ao diferente".
Domingo Villar entrevistado en El Mundo (4-10-2010):
Domingo Villar (Vigo, 1971) ha puesto en los estantes de las librerías españolas más de cuarenta ediciones de sus dos aclamadas novelas, Ojos de agua y La playa de los ahogados. Traducidas también a infinidad de idiomas extranjeros (este fin de semana ha estado en Milán presentando La spiaggia degli affogati), ambas han conseguido poner de acuerdo a crítica y público en que las aventuras de Leo Caldas y Rafael Estévez valen la pena. Gracias a ellos el vigués será el único español en el prestigioso congreso alemán de literatura policíaca, Mord am Hellweg.
María Canosa gaña o Pura e Dora Vázquez con O papaventos de Laura:
“Unha historia moi imaxinativa, alegre e fresca, nun entorno familiar cheo de ternura” (Xornal de Galicia, 8-10-2010).
Noticia do galardón e doutros aspectos relacionados en La Voz de Galicia (9-10-2010).
Entrevista con María Canosa no Galicia Hoxe (12-10-2010):
"Dende sempre, vin a literatura infantil e xuvenil como un reto. Comecei a escribir de pequena para xente da miña idade, sobre cousas que me podían interesar a min e os nenos da miña vila. Despois decidín facer algo novo e foi entón cando me decatei que os contos para nenos son máis difíciles do que un pensa. Tes que usar frases curtas, palabras sinxelas, que eles coñezan. A literatura infantil e xuvenil é unha experiencia moi gratificante. Porque os nenos, cando len, teñen unha inocencia e espontaneidade únicas".
Xesús Manuel Marcos: O esconxurador. Recensión de Romina Bal no Galicia Hoxe (13-10-2010):
Unha historia que tende pontes entre tempos e que de seguro te atrapará ata o final. O esconxurador, novela publicada por Galaxia, é unha historia que recende a maxia e a historias lendarias contadas ao carón da lareira.

Ningún comentario: