Co título "Mentir dizendo a verdade", publicado no blog Página23, atopamos este vídeo que nos ensina nun minuto escaso o tipo de bomba de reloxería que manexamos cando temos un periódico nas mans.
Un post anterior do mesmo blog comenta un libro (Os cínicos não servem para este ofício. Conversas sobre o bom jornalismo, Lisboa: Relógio d’Água, 2008) que engade detalles sobre a mensaxe do vídeo citado.
Os dous traballos advirten da enorme capacidade da prensa para, sen mentir, crear estados de opinión ou mundos absolutamente falsos.
Tamén se poden contar directamente as trolas que se queren converter en verdades. Por exemplo: "Núñez Feijóo anuncia que xa non se realizará a campaña sobre o decreto do galego por non ser necesaria debido ao "apoio social" recibido".
Ningún comentario:
Publicar un comentario