Para os que nos debruzamos sobre a lingua e a literatura do país a figura de Roberto Blanco Torres é de visita obrigada.
Foi o escritor homenaxeado o Día das Letras do ano 1999. Daquela soubemos que perderamos a persoa cando a carraxe nos cubriu cunha longa noite de pedra, pero tamén descubrimos que nos quedara o modelo ético e estético que cómpre non esquecer.
Hoxe lemos, con emoción e desazo, o artigo "A dobre desaparición de Roberto Blanco Torres", de Cristina Huete (El País, 17-9-2010), que nos debe servir como motivo lembranza e reflexión.
Sobre o mesmo feito, vemos tamén a testemuña de Juan L. Blanco Valdés.
Imaxe de Galicia espallada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario