15.9.10

Noticias de literatura-84

Chelo Suárez gaña o XVII Premio Lueiro Rey de novela con As horas rotas: 
O xurado do certame resaltou que se trata dunha novela "de contexto da guerra civil española pero no que destaca a poética coa que é tratada dende o punto de vista dunha muller que padece as consecuencias do inicio da guerra civil, vendo como se tronzan as súas esperanzas e ilusións; e dende o punto de vista dun guerrilleiro que entrega a súa vida no que considera unha causa xusta" (Galicia Hoxe, 5-09-2010).
Xabier Rodríguez Baixeras presenta Deserto diamantino, un poemario 
que parte "da posesión dunha propiedade, de algo, que pode ser o poboamento dunha terra, incluso o poboamento dun poema. Cando botamos avista atrás, decatámonos de que xa non existen moitas cousas que antes había" e, daquela, aparece a perda.
A xuízo de Baixeras, danse tres clases fundamentais de perda: a perda da inocencia poética, o que el denomina "a voz perdida"; o concepto do amor, "que tampouco se dá dunha maneria plena coma antes", e a presenza da morte "como unha ameaza". Esas son, dalgunha maneira, "o poboamento da experiencia e os temas do libro" (Galicia Hoxe, 7-09-2010).
Manolo López Poy e Miguel Fernández publican unha historia gráfica sobre a figura do bandido Mamede Casanova (Toribio):
O fillo da furia presenta a un Toribio agotado, melancólico y envejecido que a finales de los años veinte regresa a su aldea de Grañas de Sor (Mañón, A Coruña) tras pasar 25 años en la cárcel de Figueres (Girona). Convencido de que la Grañas que conoció pertenece a "un mundo que ya no existe", el bandolero inicia una retrospectiva por su propia vida, fugaz y apasionada, de cuyos últimos tiempos apenas se tienen datos. Se le atribuyen diferentes finales, entre ellos el que lo señala como un mendigo que recorría la comarca de Ortigueira pidiendo limosna o el que lo ubica, más asentado, trabajando en las obras del ferrocarril (El País, 9-09-2010).

Ningún comentario: