Non son moitos os personaxes, pero conforman entre todos un microcosmos de fracasados que van levando a vida como poden. Semellan táboas dun naufraxio que ó xuntárense convértense en xangada salvadora. Acéptanse, axúdanse e acaban por dar con ese Hotel Existencia que andaban a procurar inconscientemente. Isto é, atopan un lugar no mundo no que viviren en paz, reconciliados coa vida. Un xeito de renacer, en definitiva.
A liña argumental e a extensión da novela agachan a sorpresa do ritmo narrativo áxil deste relato inzados de toques de humor mesmo nos episodios máis tristeiros.
Cómpre subliñar a férrea vontade e a capacidade de decisión que amosan as personaxes femininas.
Debruzáronse sobre a novela:
- Club de lectura virtual de Pontevedra. Destaca de Brooklyn Follies o ser unha novela chea de sorpresas; tamén repara no fanatismo relixioso que Auster asigna á sociedade urbana norteamericana fronte á liberdade de espírito da sociedade rural.
- A lei de Lem sinala o gusto positivo que transmite o libro e destaca a calidade da tradución galega.
- ¡Esto es Brooklyn!, páxina para entrar no universo Auster.
- Lara Rozados, en A Nosa Terra (13-09-2008), achéganos á obra e á figura do autor co artigo “Paul Auster e a crise de América”.
- María Liñeira fai unha crítica redonda de Brooklyn Follies en “A arte do encontro”.
- Montse Pena Presas reseña a novela na revista Madrygal.
Paul Auster, Brooklyn Follies, Vigo, Galaxia, 2006. Tradución de Eva Almazán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario