Cuestionario guía para o club de lectura d’ O pintor do sombreiro de malvas.
(Nota previa: todas as cuestións procuran unha resposta baseada na lectura da novela.)
- Na novela, o narrador ocupa boa parte do seu tempo no gozo de ler.Relaciona as obras obxecto de lectura. Analiza a valoración que a sociedade descrita na obra ten das lecturas que se citan e da xente que le. [Para empezares, bótalle unha ollada ás páxinas 14, 26, 39 e 156.]
- ¿Quen narra a historia? ¿Cal é o punto de vista adoptado na novela?
- ¿En que época se ambienta a novela? ¿Cales son as características máis salientables desa época?
- O título da novela é anecdótico.Explícao.
- Quen vén sendo o pintor do que se fala na obra?
- ¿Podes establecer unha relación entre a personalidade do pintor e a técnica pictórica que emprega? [Véxanse pp. 20-21, 28 e 73.]
- Despois da lectura da novela, ¿como dirías que anda a cabeza do pintor Vincent?
- No contexto da obra, ¿que valor ten a expresión “A tristura non rematará xamais” (pp. 167, 173).
- Se contrastas a biografía do pintor coa figura que del se dá na novela, ¿temos a mesma imaxe do personaxe?
- Analiza a figura do sacerdote.
- Analiza a relación narrador-Adeline.
- ¿Dáse na obra outra relación que representa o contrapunto da anterior? ¿Quen son os protagonistas? Compáraa coa anterior.
- Como lector, ¿consideras que queda algunha liña argumental sen desenvolver?
- ¿Que decisión vital toma o protagonista-narrador?
- Por certo, ¿como se chama o protagonista-narrador? ¿Que recursos se utilizan para dirixirse a el?
- Describe o proceso de deterioración psicolóxica do pintor.
- ¿En que modo inflúe a pintor na madurez do protagonista-narrador?
- ¿Pode dicirse que a novela describe a confrontación de dous mundos? ¿Cal é a túa opinión ó respecto?
- ¿De que outros pintores se fala na obra? ¿Teñen algunha relación co noso pintor? [Véxanse pp. 47, 80, 105.]
Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, Vigo, Xerais, 2010. Premio Lazarillo 2009.
Ningún comentario:
Publicar un comentario