18.11.08

Pataca'n'roll

Os vacalouras... Notarios...

Estes nomes rockeiros levan unha carga fonosimbólica que é como para botarse a tremer. Pero non hai caso. Forman parte da esencia da profesión. Porque estes músicos de raza e corazón son xente de fiar; desa xente que se tropezas con ela ás tantas da noite aínda che bota unha man para cruzar o paso de peóns.

A música que practican chámanlle pataca'n'roll. Explícana como punk rock con gaitas. Para os que o único que entendemos de música é se nos gusta ou non, pouco nos importa o nome que lle poñan. O certo é que nos teñen amenizado máis dunha festa, e isto sempre se agradece.
Sorte, rapaces. Boa velada.

Ningún comentario: