17.11.08

Noticias de literatura (47)

Literatura e novas tecnoloxías sobre o escenario: poemas interactivos.

O premio Alexandre Bóveda de investigación en ciencias sociais foi para Sara López e mais para Antonio Míguez.

A Nosa Terra preséntanos a ruta literaria de Pondal. Acompañan o artigo unhas poucas fotografías de Paco Vilabarros. O itinerario está promovido pola asociación cultural Monte Branco. Preténdese que sexa este tipo de actividade "Unha das maneiras máis fermosas de lembrar a aqueles que deixaron a súa pisada a través da súa pluma son as rutas ou itinerarios que percorreron eses escritores ou poetas ao longo da súa vida, nas vilas que lles viron dar os seus primeiros pasos e que logo tanto influirían nesa obra que os perpetuou".

No campo da poesía actural, temos unha nova contribución de Rafa Villar: Migracións.


Reigosa gaña o Torrente Ballester. O autor fala da etapa novelada en Galicia Hoxe e mais no Faro de Vigo. La Voz de Galicia incide no carácter autobiográfico da mirada do narrador, así como no desencanto que se vai apoderando do protagonista da novela. O artigo que asina Paola Obelleiro en El País incide nos mesmos aspectos e salienta tamén o elevado número de obras concorrentes ó certame.

Unha viaxe por reinos imaxinarios é a nova proposta de Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.

Ramón Caride Ogando, traducido por unha editorial mexicana.

Tampouco desta vez podemos rematar sen nota necrolóxica. Déixanos un dos escritores máis singulares da Nova Narrativa: Camilo Gonsar. O xornal El País lémbrao nunha entrevista de hai un par de meses. Xabier Cordal explica a figura do narrador no Galicia Hoxe e Franco Grande fai unha gabanza do home excepcional que nos deixou.

Imaxes de Paco Vilabarros (A Nosa Terra), Pedro Castro (Galicia Hoxe) e La Voz de Galicia.

Ningún comentario: