Xavier Seoane pasa revista ó estado actual da poesía galega nunha conversa con Manuel Vidal Villaverde publicada no Galicia Hoxe. Considera Seoane que o momento actual da poesía galega é "puxante", pero advirte do perigo do canto do cisne; afirma mesmo que unha unha boa parte dos galegos asumen a súa extinción como algo natural.
O PEN Clube inicia as xornadas "De pedra e de palabra". Debate sobre etnicidade /nacionalidade. La Voz salienta o repaso ás literaturas emerxentes vistas dende Europa. Anxo Tarrío lóuvase de poder contar en Galicia cunha importante concentración da poesía que se está a facer no mundo. Nestes encontros destaca a figura de Gao Xingjian, premio Nobel de Literatura, exiliado que escribe en francés. e para quen o galego é "une langue vivante".
Premio Pura e Dora Vázquez de narrativa para Concha Blanco. Encontros ás agachadas é o título da obra galardoada. "Segundo a acta, o libro "defende a interculturalidade e pon de
manifesto valores como a amizade e os sentimentos máis positivos como a
tenrura e a confianza no ser humano", cóntanos Galicia Hoxe.
O premio Raíña Lupa de narrativa lévao Carlos López con A peripecia de Roi. O xurado destaca a imaxinación e o humor.
A teoloxía do país fala alemán. Pois xa non era sen tempo, como dixo algún ilustre escritor.
Internet dá conta da difusión exterior do poeta Uxío Novoneyra.
Shin Chan volve con novas aventuras. O DVD contén ademais xogos interactivos e outro material extra.
Anúnciase un novo "artefacto" literario de Xiana Arias.
A nota triste pona o falecemento de Anxo Rei Ballesteros (foto da Voz de Galicia), escritor de difícil clasificación.
(Imaxes de Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario