Comeza a semana cunha reflexión de Xavier P. Docampo sobre a literatura e a lingua
Os gañadores dos premios Xerais comezan unha campaña para facer máis visible a literatura.
Exposición de libros prohibidos en tempos de Franco, na fundación Penzol. Os artigos sobre a exposición recollen o furor da censura.
A obra plástica de Castelao pode verse na rede. Forman un conxunto de 1.611 debuxos.
Da carraxe e da paixón, último poemario de Xosé Manuel Cairo. Plácido Lizancos caracteriza esta obra como poesía emocional.
Mickey Mouse está de aniversario: 80 aniños. Case nada. Está feito un rapaz, e segue rexo coma un buxo. Por certo, non lembro se xa fala en galego (a algúns o club Xabarín pillounos, por desgraza, algo maduros; sorte que non nos pillou podres).
Imaxes de Galicia Hoxe e Faro de Vigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario