Deixo aquí un cuestionario sobre esta novela co ánimo de que vos sirva de guía para a lectura.
O cuestionario xa estivo colgado noutro lado, pero tivemos que emigrar por razóns económicas.
Trátase aínda dun cuestionario provisional, pero creo que pode servir para ir empezando.
Velaí vai:
LECTURA: Simonetta Agnello Hornby, A Mennulara, Vigo, Galaxia, 2005.
CUESTIONARIO
1. Argumento (breve).
2. O tempo na novela.
3. O recurso ós funerais no desenvolvemento da novela.
4. Comenta o cambio social que se describe na novela.
5. A novela como estudo dos sentimentos.
6. Establece o código de honra das sociedades secretas.
7. O humor.
8. O suspense.
9. Os personaxes segundo a súa profesión.
10. O espírito de lealdade.
11. As aparencias como recurso para manter a orde social.
12. O personaxe central da novela.
13. ¿Atoparías casos coma o da Mennulara na nosa literatura?
14. Comenta o método adoptado para contarnos a historia.

Ademais do enlace do título, podedes botarlle unha ollada e estoutra páxina:
http://www.culturagalega.org/lg3/extra_recension.php?Cod_extrs=695&Cod_prsa=255, que nos dá unha ampla información para achegármonos á obra ben guiados.
1 comentario:
A mennulara e un libro que o principio e un pouco lento e aburrido de ler, pero pouco a pouco cando estas adentrándote na novela faise moito mais rapido e interesante.
O suspense estas presente e queres seguir lendo o libro para saber todas as cousas q se plantean como:
- Porque foi don Vicenzo ó funeral da mennulara? Será seu pai?
- Porque a mennulara puxose o servizo dos Alfallipe?
- Como escribía cartas despois de morta?
- Como recibía a Mennulara os cartos q gañanaba?
En fin estas e mais preguntas falas o longo da lectura.
Ainda que sexa un pouco lenta, recomendoa xa que se da unha visión dunha mesma persoa dende distintas perpectivas e diferentes tipos de opinións.
Publicar un comentario