8.5.10

Agasallo de Arquivos do trasno, blog amigo

Hai unhas semaniñas recibimos este precioso agasallo de Arquivos do trasno. Estámoslle moi agradecidos. Non podemos negar que nos fixo moita ilusión.
Pedimos desculpas pola tardanza en facer os deberes blogueiros e imos pórnos ó día nos requisitos que implica o agasallo:
1. Os blogs elixidos teñen que incrustar a imaxe do selo e un enlace ó blog que outorgou o premio.
2. Seleccionar e enlazar dez blogs máis que segundo o voso criterio valen a pena.
Sentindo moito que non poidan ser todos, velaquí van dez dos nosos favoritos:

Pedriñas
Ferradura en tránsito
Eira de Balixe
As gabarras
Medrar en galego
Caderno de lingua
Remexer na lingua
O noso trasno recomenda
Irmandade secreta dos devoradores de libros
Chousa da Alcandra

5 comentarios:

As Gabarras dixo...

Moitas grazas polo agasallo!!!

Tomamos nota da encarga e tan pronto poidamos faremos o mandado.

Apertas grandes!!!

romanlandin dixo...

RdF, moitas grazas por este agasallo ben pouco merecido para un blogue que, por outras ocupacións, teño desatendido.

Unha aperta

PD: e agora a buscar 10 blogues aos que quixera premiar? Difícil tarefa me pos entre tanta e tanta creatividade e traballo como se fai no blogomillo.

Chousa da Alcandra dixo...

Agradezo a mención. É todo un privilexio.
Agardo que non se me tome como desconsideración o non facer o que na encomenda se me manda. Que non é con ánimo de ofender nin resposta de desagradecido.
Graciñas!

medrarengalego dixo...

Desculpade pola tardanza e moitas grazas. Aceptamos de moi bo grao o voso agasallo. Bicos para a Revolta da Freixa.

Xano dixo...

Beizóns e desculpas pola tardanza a un tempo. Contaba que saíse aquí o ping de Remexer, pero vese que non.
Agradezo moito o agasallo, que anima a seguir compartindo.