31.8.11

Noticias de literatura-110. Agosto 2011

Francisco Rodríguez presenta Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria:
A imaxe social dominante sobre Rosalía segue a estar deturpada, deformada. Avanzouse algo entre sectores minoritarios. A correcta explicación do fenómeno rosaliano tropezou e tropeza cunha imaxe moi consolidada, produto da manipulación feita durante máis de 125 anos polos poderes ideolóxico-políticos e culturais do Estado e os seus intermediarios na Galiza. As institucións académicas e educativas galegas, en xeral, non só se resistiron, senón que foron refractarias, aos avances para restaurar a figura real e acceder a unha lectura coherente da súa obra. A maiores, a globalización, aquí españolización, no campo cultural desvaloriza, entre a ignorancia e o desprezo, os valores literarios propios, en particular os nosos grandes clásicos (El Mundo, 13-08-2011).
María Xosé Queizán: reedición d’ O segredo da Pedra Figueira:
Se ben esta obra estruturalmente responde aos trazos dunha narración de aventuras, a viaxe non é só física senón que implica unha mellora vital dos personaxes cara á conquista da liberdade e un proceso de maduración interior e de coñecemento de saberes e tradicións ancestrais por parte de Lazo, a rapaza protagonista, por mediación da súa avoa e guía Sensatanai (El Correo Gallego, 16-08-2011).
Luis Antonio Pazos publica unha Guía lúdica da olaría tradicional de Galicia:
La guía examina de manera minuciosa y muy descriptiva los orígenes de este trabajo artesanal, las características de la materia prima, sus procesos de producción y las seis áreas en las que hoy en día sigue activa esta disciplina (La Voz de Galicia, 16-08-2011).
Ánxel Casal foi, entre outras moitas cousas, un editor sacrificado. Noticias da homenaxe:
  1. Galería fotográfica.
  2. Palabras evocadoras de Pousa Antelo.
  3. Modernidade do rexedor compostelán.
  4. Casal, un referente de dignidade política.

Literatura para o cine:
Oito obras da literatura galega prepáranse para cruzar a liña que separa a narración tradicional do guion cinematográfico. Autores clásicos e contemporáneos figurarán nos créditos de películas que están nestes momentos nalgunha das distintas fases do longo proceso que leva unha idea das letras ás imaxes (La Voz de Galicia, 25-08-2011).
Se exporta guión gallego": "Somos el único país que no recurre a su producción literaria para armar su campo cinematográfico" (El País, 29-08-2011).
O mercado da Tía Nin, libros ó peso:
Os libros son só unha parte da oferta deste orixinal negocio que creou a responsable da editorial Nigratrea en Galicia, Nieves Loperena. Ocupa unha casa antiga na rúa Julián Valverde que chama a atención polos «gaxianitos», personaxes mitológicos chamados mouris, antigos habitantes dos castros, a un paso entre os gnomos e os trasgos e que pintou o artista Pedro Sardiña. Estes seres dan a benvida anunciando arte, curiosidades, libros e talleres (La Voz de Galicia, 25-08-2011).
Novidades editoriais deste outono.

1 comentario:

Marina dixo...

Canto traballo! Grazas por tantas noticias literarias,con elas aprendemos e disfrutamos.