Perdéraselle a boneca. Para consolala e que deixase de chorar, Kafka atopa unha solución literariamente sinxela: a boneca non se perdera, marchara de viaxe. Mais esta pequena loia acabou con Kafka convertido en carteiro de bonecas e a redacción das hipotéticas cartas da boneca nunha actividade esixente e comprometida para o escritor, que non quere defraudar a inmensa confianza que a cativa depositara nel.
As tres semanas de correspondencia da boneca viaxeira resúltanlle a Franz Kafka unha actividade esgotadora. Non lle faltará a axuda de Dora e da nai da rapaciña.Traza un plan para poñer fin ó que considera case que unha tolemia: casa a boneca Bríxida, que será moi feliz co seu namorado, redacta a carta de despedida e entrégalla canda un último regalo: unha nova boneca que se chama Dora, coma a noiva do carteiro.
As tres semanas de correspondencia da boneca viaxeira resúltanlle a Franz Kafka unha actividade esgotadora. Non lle faltará a axuda de Dora e da nai da rapaciña.Traza un plan para poñer fin ó que considera case que unha tolemia: casa a boneca Bríxida, que será moi feliz co seu namorado, redacta a carta de despedida e entrégalla canda un último regalo: unha nova boneca que se chama Dora, coma a noiva do carteiro.
Ilustración: Minia Regos |
2. A obra presenta unha estrutura moi literaria, como para responder ó obxectivo demostrable da utilidade (inmediata, neste caso) da literatura para a vida. Kafka, protagonista do relato, vai escribindo as cartas da boneca viaxeira para consolar á rapaciña que a perdera e, de paso, vaille deprendendo o valor da obediencia, da liberdade, da amizade, da comprensión... As catro partes de que se compón a novela correspóndense coas catro fases deste proceso educativo:
- “Soño: a boneca perdida”. A mentira piadosa do escritor serve nun primeiro momento para calmar o pranto da rapaciña, pero mete o escritor no compromiso de seguir coa ficción para manter a súa historia dun xeito verosímil. A nena resulta preguntona de máis.
- “Fantasía: as cartas de Bríxida”. O escritor vese na obriga de ir redactando cartas ó longo de tres semanas. Toma este labor moito máis en serio que a súa propia obra, porque non quere defraudar a confianza da nena. Tamén lle serve para profundar no rico mundo infantil.
- “Ilusión: o longo traxecto da boneca”. O mundo quédalle pequeno á boneca viaxeira. Pérdese nesta parte a lóxica dos adultos para explicar o mundo e os procesos, pero pouco importa: temos a ilusión, que é unha excelente ferramenta para enfrontarse a calquera problema e solucionalo.
- “Sorriso: o regalo”. Pecha o proceso e fornece a novela dun final feliz. Tamén serve para liberar o escritor da lea na que se metera. Desenvolve o plan para que a nena Elsi aceptase a emancipación da boneca.
No “Corolario” e nos “Agradecementos” o autor cóntanos a intrahistoria do relato: o artigo “A boneca viaxeira” de César Aira (El País, 8-5-2004) supuxo a idea primixenia desta obra.
3. Sitiografía
- Ficha didáctica de Filomena Lago e Beatriz Martínez.
- A lectura ilustrada de Minia Regos.
- Crítica de Montse Pena no blog da Editorial Galaxia.
- A experiencia do Club de lectura Balbordo.
- Segundoeso: recomendación de lectura.
- Laura Tudó Souza: sinopse e comentario en Viblios.
- Reyes Cáceres, “El cartero de muñecas”. Recensión en Literaturate.
- Fervenzas literarias coloca a obra entre as mellores de 2009.
- O artigo de César Aira que deu orixe a Kafka e a boneca viaxeira.
Jordi Sierra i Fabra, Kafka e a boneca viaxeira. Vigo, Galaxia, 2009. Tadución de Carmen Torres París. Ilustracións de Minia Regos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario