14.8.11

Noticias de literatura-109. Agosto 2011

Manuel Portas fala no Xornal de Galicia (02-08-2011) de Un dedo manchado de tinta:
Manuel Portas. Foto: A. Lorenzo/Xornal deGalicia
Descoñezo no mundo un goberno que desprece ao seu idioma como acontece no contexto galego. Non se dá, que eu coñeza, noutras latitudes, como as colonias africanas que, durante moito tempo, rexeitaron os seus propios idiomas pero que se decataron que era necesario mantelos e protexelos. Nin en contextos deste tipo se dá unha situación parecida como á que vive este país.
David González Couso publica Martín Gaite. Os perfís galegos (Toxosoutos):
En su recuperación de Carmiña, Couso tiró de los legajos que fue encontrado y levantó otro árbol de la memoria de Martín Gaite: el genealógico. Llegó hasta el bisabuelo ourensano, Mariano Lloves, de los Lloves de San Lourenzo de Piñor. Pero solo pudo acceder al nombre. Ni fecha de nacimiento ni otra información. "Todos los antepasados de Carmen Martín Gaite fueron catedráticos", la mayoría de Geografía e Historia, en el instituto ourensano Otero Pedrayo. Y todos ellos "personas de gran inquietud intelectual y creatividad". En el árbol de la memoria que ha plantado el filólogo, el abuelo Javier Gaite (nacido en 1859) tiene el mérito de haber sido el primer autor de un libro de texto de Geografía e Historia para el instituto de Ourense. "Fue en la época de la reforma educativa, cuando el Ministerio cambió los planes de estudio y los catedráticos debían escribir los libros de texto" (El País, 04-08-2011).
Francisco Castro fala de lingua e literatura, especialmente da novela In vino veritas:
Francisco Castro. Foto: Sonia Daponte/Xornal de Galicia
A obra estouna a definir como unha novela furiosa. E non é unha etiqueta sen máis, realmente é o estado no que se escribiu a novela. Algunha das presentadoras das tres presentacións que levo até agora sinalou que se trata dunha novela escrita dende a ira e dende un intento de empregar a literatura para facer crítica social. Formalmente é unha novela negra que ten un detective cun caso que resolver e que segue os parámetos do xénero. Pero, ao tempo, tenta facer parodia. O meu é un detective dos de verdade, non de novela policiaca. É un detective dos que hai na Coruña, dos que hai en Vigo e que investigan asuntos de cornos, espionaxe industrial e que tamén teñen que controlar a xente que está de baixa pero que realmente engana a súa empresa. Baixo ese envoltorio, eu o que formulo é unha novela que pretende facer crítica do que eu chamo a telemerda e dos medios de comunicación, concretamente, a televisión. Eu penso que o nivel de parvura no que nos meten os programadores xa non é só inmoral, xa é, sobre todo, ilegal. Boto man, é unha cuestión de estilo, dun narrador moi omnipresente e que é tamén protagonista, que estaba xa en Xeración perdida e en Spam, que son dúas novelas moi críticas. Parto desa idea de que a literatura non é só simple entretemento, que ten que servir para facer crítica do que estamos vivindo (Xornal de Galicia, 05-08-2011).
Laurie Lee, Cando partín unha mañá de verán (Trifolium):
En 1934 Laurie Lee, un xove inglés de provincias, desembarcou en Vigo sin saber unha palabra de español, sen cartos e cun violín baixo o brazo (Editorial Trifolium).
Marica Campo, Noutra dimensión (Galaxia): recensión de Isabel Mociño en El Correo Gallego (09-08-2011):
Imaxe: El Correo Gallego.
o relato de Marica Campo sitúase nun mundo máxico dende o que se observan con distanciamento e mirada escrutadora problemas que asolan a sociedade actual, en especial os que máis directamente afectan á infancia.
Claudio Rodríguez Fer, Contos e descontos:
Aínda que é máis coñecido como poeta, Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) tamén é autor dunha obra narrativa que agora recompila nun único volume, Contos e descontos (Toxosoutos), e que inclúe textos inéditos (La Voz de Galicia, 07-08-2011).
Entrevista con Claudio Rodríguez Fer no Xornal de Galicia (11-08-2011).
Ramón Piñeiro: editada a súa correspondencia con Fernando Pérez-Barreiro Nolla.
Estas misivas forman a parte central do volume en homenaxe a Pérez-Barreiro, falecido en xaneiro do ano pasado, e que edita precisamente o Centro Ramón Piñeiro (La Voz de Galicia, 09-08-2011).
Raúl Dans fálanos de teatro:
Xerais e a Xunta, a través de Agadic, publicaron hai pouco a súa obra 'Chegamos despois a unha terra gris’, coa que levou o seu segundo Cunqueiro. Raúl Dans é un dos dramaturgos máis sólidos da actual escena galega e non deixa de demostralo. El di que só fala de xente coma calquera, cos seus medos e frustracións; cos seus conflitos, conquistas e derrotas. De persoas de natureza honrada que, obrigadas polas circunstancias, actúan contra os seus propios principios (El Mundo, 09-08-2011).
Jonh Boyne, Noah Barleywater escapa da casa:
'Noah Barleywater runs away', -en su título original-, es un cuento de hadas muy especial -ilustrado por Oliver Jeffers-, que fue reconocido en el país de Boyne, Irlanda, como el mejor libro del año para niños. El escritor no escogió esta vez, como es habitual en su obra, una época singular de la Historia, sino que optó por narrar las aventuras de un niño que decide salir solo, al bosque, para buscar su propio camino y llegar a "ser alguien" (recensión de Montse Dopico, El Mundo, 10-08-2011).
Carlos Taibo, un dos autores d’A revolta dos indignados:
“A revolta dos indignados” reúne as opinións de Carlos Taibo, Josep María Antentas, Esther Vivas, Antoni Domènech, Iván Giménez Chueca e Juan Carlos Monedero. As súas respectivas achegas reflicten o descontento xeral motivado pola difícil situación económica, política e laboral, criticando a indefensión da cidadanía e facendo un chamamento á concienciación e ao compromiso ante a necesidade de “construír entre todos unha sociedade mellor” (Galicia Hoxe, 11-08-2011).
Este libro recolle a súa intervención trala marcha, na que alerta do funcionamento das institucións “á marxe do ruído molesto da poboación”, reprende a política financeira do Goberno, advirte da precariedade nos colectivos máis desfavorecidos, do desequilibrio medioambiental, e das condicións de vida desfavorables nos países do Sur (Xornal de Galicia, 12-08-2011).
Brais Rodríguez presenta A man do diaño:
A Deputación da Coruña editou a última obra gañadora do VI premio Banda Deseñada Castelao, que convoca o organismo provincial, e que nesta edición recaeu no debuxante Brais Rodríguez pola súa obra A man do diaño (Xornal de Galicia, 12-08-2011).
Rubén Ruibal: Limpeza de sangue ó cine.
Rubén Ruibal. Foto: A. Lorenzo/Xornal.com
Cinco anos tivo que esperar o dramaturgo Rubén Ruibal para ver a súa obra máis recoñecida e premiada sobre un escenario. Limpeza de sangue, co Premio Álvaro Cunqueiro e co Premio Nacional de Teatro, non fora representada até que a compañías Espello Cóncavo a converteu en realidade a temporada pasada. Atrás quedaba un proceso xudicial e dous destacados galardóns de textos dramáticos (Xornal de Galicia, 14-08-2011).
Etiquetas: , , , , ,

Ningún comentario: