Entrevista con Manuel Rivas no Galicia Hoxe por mor da presentación do poemario A desaparición da neve.
Alberto Lema publica Sidecar (Galaxia). Noticia e entrevista co autor en Galicia Hoxe (18-4-09):
Sidecar estaría dentro das denominadas novelas de formación. Falo de xente que está entre os vinte e os trinta anos, con traballos precarios, semiurbanos ou urbanos, e que máis ou menos teñen unha conciencia política forte. As novelas de Sidecar teñen que ver cun retrato realista e trapalleiro de certo momento vital, cargado de costumismo e erotismo.
Premio da Crítica para Marcos S. Calveiro (Festina lente) e Chus Pato (Hordas de escritura) en narrativa e poesía. Baixo o título de "Resistencia e compromiso ", recóllese e desenvólvese a noticia no Galicia Hoxe (19-4-09). Chus Pato tamén foi galardoada co Losada Diéguez:“Trátase dun poemario que sobrancea pola súa explosiva orixinalidade, unha proposta poética dunha Chus Pato madura e sempre fresca, onde os versos poderosos se debullan nunha nova aposta sólida e ben traballada; con mesturas de xéneros e temas xa enxergadas nos seus últimos poemarios”, reza a acta (e lemos en Vieiros ).
Zoommm... Textos biónicos, de Estíbaliz Espinosa:No libro, a autora-observadora traza un zoom que vai do pequeno ao grande, e propón un dobre xogo de relacións: a autora coa súa criatura, -o texto-, e co lector. "Todo testemuño parte dun eu subxectivo. Pero non sabemos o que é o eu... Interesábame tomar distancia: situándome no futuro, -que pensarán de nós no futuro- e o pasado remoto: o neanderthal, o que puidemos ser e non fomos... Adoptar unha perspectiva deshumanizada para entender o humano: miralo desde o cosmos..." (Galicia Hoxe, 21-4-09).
Homenaxe da Fundación Rosalía a Abuín de Tembra .Vixésimo aniversario de Teatro do Morcego.
Lemos a noticia do pasamento de Antonio Pereira , un home que levaba a Galicia no corazón. Que Deus o descanse na inmortalidade.
Fotografías de Galicia Hoxe (A. Eiré), Vieiros (Chus Pato) e La Voz de Galicia (Antonio Pereira)
Ningún comentario:
Publicar un comentario