- Na Galipedia temos un artigo que analiza o tempo e a voz narradora na novela, así como algúns elementos simbólicos dos que o autor se vale para caracterizar o protagonista.
- No Blog da Editorial Galaxia recóllese a nova da edición dun selo en honra do escritor. Tamén se ven as ligazóns a outros artigos sobre a figura do autor e a obra.
- En Vieiros recóllense novas de actividades conmemorativas da efeméride.
- Na páxina do Concello de Ourense atopamos a Ruta da Esmorga, que sinala o camiño dos que queiran meterse nos galochos de Cibrán o Castizo e lembrar o seu particular viacrucis.
- Camilo Franco publica en La Voz de Galicia "A resistencia de Blanco Amor". No artigo dá unha visión do escritor dende o significado que ten para nós hoxe, e salienta o valor identificador que teñen a literatura e as artes. Recomenda ler A esmorga porque é unha novela que ten a capacidade de nos recolocar a percepción que temos de nós mesmos.
- Canda o artigo anterior vén a interpretación gráfica de Kiko da Silva, que recolle unha visión da nosa literatura por parte duns pándegos que poñen a esmorga ó día.
6.4.09
As esmorga: 50 anos (2)
Ademais dos artigos sinalados no apuntamento de máis abaixo, resultan de interese especial para os bachareis estoutros que ligamos agora.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentario:
Se vos interesa, déixovos o enlace do artigo de Galicia-Hoxe, sobre A esmorga e Blanco Amor.
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=413211
Xm pacho
Publicar un comentario