- O levantador de minas, que fai unha recensión tan entusiasta como obxectiva e dá ligazóns que non se deben deixar de ver.
- Filix.org dános unha sinopse dos relatos. Na mesma páxina achamos unha morea de información indispensable sobre Agustín Fernández Paz. Entre elas, as ligazóns que seguen: Xerais blog recolle o sentir da crítica portuguesa. L' illa. Revista de Lletres publica unha reportaxe sobre autor e obra. A recensión de Xesús Fraga no suplemento "Culturas" de La Voz de Galicia. A entrevista con Camilo Franco, no mesmo medio.
- No Faro de Vigo recóllese a noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil e mais unha conversa do autor con Ágatha de Santos. La Voz de Galicia salienta a obsesión do autor por dignificar a literatura xuvenil.
- El Progreso publica unha entrevista "moi seria" de Santiago Jaureguizar con Fernández Paz.
- Máis achegas breves en Estrella Digital, Letralia, Casa das Letras, El Mundo (mesmamente; véxanse, para compensar, os comentarios no suplemento El Cultural, supoñendo que un mínimo sentimento de vergoña non aconselle retiralos), Canal Patrimonio, El Norte de Castilla...
A relación de ligazóns pode ser enorme, mais coas que temos sinaladas podemos comezar o traballo didáctico que traemos entre mans.
4.2. En Portugal a recepción da obra (Só nos resta o amor) deixounos estas impresións que recollemos:
- Unha primeira achega témola en Wook, que sinala: "Agustín acredita que as palavras possuem a força necessária para mudar o mundo e pensa que os livros são imprescindíveis para nos ajudar a sonhar e a viver". Véxase tamén a páxina da editorial Nelson de Matos.
- Casa da leitura fai unha gabanza do autor, da súa técnica e do lirismo que se aprecia na novela.
- 7leitores repara no fío condutor que une os personaxes dos distintos contos: "As vidas dos personagens experimentam as diferentes cambiantes da experiência amorosa".
- Para días estranhos, o libro é unha "verdadeira enciclopedia sobre o amor".
- MGouveia, na páxina do Forum, incide nos dous eixos temáticos da obra: 1. «A experiência amorosa, a importância que tem o enamoramento na vida de qualquer pessoa»; 2. «A importância que a Literatura pode ter na nossa vida, como um poema ou um livro podem mudar-nos a vida».
- Raul M. Marques, da Agência lusa , repara no carácter de literatura de fronteira, aspecto que se repite con frecuencia e que coincide coa opinión do propio autor.
- Casa da leitura define o libro como "crónica oficiosa da alma humana".
- Letras da Galiza sinala o autor como "Referência indiscutível da literatura infantil e juvenil galega".
- Fora-da-estante fai un comentario xeral sobre a difusión da obra do escritor galego en Portugal.
- Europa press salienta o carácter "agridulce" de Només ens queda l'amor.
- Na mesma liña do carácter "agredolç " están as noticias de Yahoo.
- A presentación de Quaderns digitals.net céntrase nos fíos que unen os distintos personaxes dos relatos.
- En Vilaweb faise referencia á obra, ó premio e mais a outros títulos do autor en catalán.
- Na páxina da editorial Bromera atopamos un achegamento ó autor e á obra. Salienta o carácter de "novela de transición".
Agustín Fernández Paz, O único que queda é o amor, Vigo, Xerais, 2007. Ilustracións de Pablo Auladell.
Imaxe de Saforguia.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario