A biografía, a obra propia e a literatura en xeral, a lingua, a política e Galicia son os eixos temáticos polos que Nicolás se decantou para estruturar o libro, cuxa lectura achega a un Celso Emilio de sólidas conviccións e forte personalidade que en máis dunha ocasión dixo o que consideraba que tiña que dicir, sen eufemismos e sen importárenlle as consecuencias que dos seus comentarios puidesen derivarse (Galicia Hoxe, 4-4-09).
Luís Rei Núñez gaña o Blanco Amor de novela con Monte Louro (lemos no Xornal de Galicia e mais en El País .). O diario Galicia Hoxe desenvolve a noticia e fai referencia á obra do escritor. A novela premiada ten como argumento "Unha investigación sobre a biografía dun personaxe de ficción que se desenvolve entre o Muros dos anos 40, a Barcelona dos 60 e a Arxentina actual". La Voz de Galicia dá tamén unha breve bibliografía do autor e resalta: "O xurado destacou a profundidade psicolóxica dos personaxes, a plasticidade e realismo das descricións xeográficas, o coidado estilo e riqueza lingüística, o verismo dos diálogos, a estrutura e progresión narrativa e a fondura e delicadeza con que se formulan e resolven as grandes cuestións do ser humano". A Nosa Terra publica unha entrevista de Eva Estévez co escritor.Homenaxe poética a Xohán Xesús González en Baños (Cuntis).
Xavier Lama publica Cabalos do alén na cidade das fábulas, obra gañadora do González Garcés 2008. Lemos no Galicia Hoxe:
Segundo o autor, o libro, ilustrado con fotografías de Vari Caramés, "é un poemario que se adentra na cidade con vocación refundadora, con ánimo de establecer unha cartografía fabulada ou un itinerario fantástico que devén, ao mesmo tempo un itinerario identitario. Podería tratarse dun libro sobre Compostela, e así é en certa medida, pero céntrase, sobre todo, nun trasunto urbano, nunha cidade paralela e irreal que xorde da real chamada Val Pinario".
An Alfaya gaña o XVI Premio Lueiro Rei de novela curta con Area quente:"'Area Quente' é un espazo, ao que o protagonista foxe, un espazo recreado e imaxinario inventado por min que conscientemente non sei si existe en algures, pero pode ser calquera lugar desértico que está no meu imaxinario que eu non pisei nunca fisicamente e que recreei mentalmente" (A Nosa Terra, 8-4-09).
Alfonso Eiré publica Os bicos de Tina : "E como toda a narrativa de Alfonso Eiré, esta nace de vivencias propias, de vivencias apañadas da súa contorna vivencial, da análise social, da textura e calor dos seus soños, da necesidade de deixar constancia como aviso e tamén como encontro. E é non só unha revisitación da infancia, anos que marcan fondamente ao ser humano, senón tamén a reivindicación dun modo de vida máis acorde ao ciclo natural, máis en comuñón coa natureza, que a opinión pública quixo manter como sinónimo de atraso porque nunca o soubo comprender nin se esforzou en valorar. Finalmente é, tamén, unha reivindicación da infancia, dunha infancia o suficientemente responsábel e libre como para equivocarse. Porque a infancia é territorio decisivo na aprendizaxe e a aprendizaxe para ser verdadeira debe conceder liberdade ao educando" (X. M. Eyré, Nós-Xornal de Galicia, 10-4-09).
Manuel Rivas, presentación de A desaparición da neve:A desaparición da neve observa a natureza non dunha forma contemplativa, senón como "unha historia de feridas", unhas feridas que "ás veces son irreversibles", como as que actualmente pódense observar no litoral español, "cheo de cicatrices" por mor da construccion desmesurada dos últimos anos (Xornal de Galicia, 15-4-09).
Para Rivas, a poesía é unha forma de "loita contra o mal de ollo" e unha necesidade que lles proporciona aos lectores "información esencial sobre a condición humana". Poesía con condición de "célula nai", onde A desaparición da neve procura observar a natureza non dunha forma contemplativa, senón como "unha historia de feridas", unhas feridas que ás veces son "irreversibles", como as que actualmente se poden observar no litoral español, "cheo de cicatrices". A neve, engade, é un abrigo onde latexa a primavera, onde está a memoria adormentada" e escribir "é un desxeo onde vas describindo cousas que antes non se vían, pero estaban aí". (Galicia Hoxe , 15-4-09).
A AELG homenaxea a Ramiro Fonte.Para Rivas, a poesía é unha forma de "loita contra o mal de ollo" e unha necesidade que lles proporciona aos lectores "información esencial sobre a condición humana". Poesía con condición de "célula nai", onde A desaparición da neve procura observar a natureza non dunha forma contemplativa, senón como "unha historia de feridas", unhas feridas que ás veces son "irreversibles", como as que actualmente se poden observar no litoral español, "cheo de cicatrices". A neve, engade, é un abrigo onde latexa a primavera, onde está a memoria adormentada" e escribir "é un desxeo onde vas describindo cousas que antes non se vían, pero estaban aí". (Galicia Hoxe , 15-4-09).
Imaxes de Galicia Hoxe (Rei Núñez e Manuel Rivas) e Xornal de Galicia (A. Eiré).
Ningún comentario:
Publicar un comentario