Podemos dicir que este trazo literario resulta ser, ademais, un recurso técnico: "Eu penso que os libros de relatos han ter un fío", coméntalle o autor a Santiago Jaureguizar (El Progreso). "Sempre fago que contos debo ter un fío común", confírmalle o autor a Óscar Iglesias na entrevista que lle fai en El País (24-10-08).
Posiblemente é este recurso o que permite que non renxan cando van xuntos contos de diferente factura e época de redacción. O fío común resulta un eficaz elemento cohesionador.
Nesta obra son moi visibles dous fíos básicos: o amor e o gusto da lectura, que van entretecidos por dentro e por fóra do relato. As citas que encabezan os contos van avisando ó lector por onde pode ir a liña argumental; pero as citas de autores e obras convértense en materia viva para os protagonistas dos relatos, vólvense pezas argumentais case que imprescindibles. É "como unha marca da casa. Un personaxe que permita introducir lecturas ou filmes" (El País, 24-10-09).
2.2. Os protagonistas viven experiencias amorosas frustradas e frustrantes. Segundo o autor, "o amor é triste, porque ten data de caducidade". O do primeiro relato ("Un radiante silencio") nin chega a madurar. O resto vaise gorando. Pero o realmente válido e duradeiro é a lembranza desa experiencia, a ilusión do que puido ter sido aínda segue viva e latexante nos protagonistas no intre de axustar contas coa vida:
Agustín Fernández Paz, O único que queda é o amor, Vigo, Xerais, 2007. Ilustracións de Pablo Auladell.
Fotografía de J. Lores publicada en Faro de Vigo, 24-10-2008.

O libro é por veces triste e melancólico, só o feito de ter esa experiencia é algo remarcable na vida de calquera persoa. como dicía Pessoa, os únicos ridículos son os que nunca escribiron cartas de amor (El País, citado).
En resumidas contas, o amor vén sendo o tema central. Como salienta a Revista de Lletres, un tema da literatura universal desenvolvido en todas as súas posibilidades: "o desamor, a nostalxia da primeira experiencia, amores adolescentes e adultos, o que sobrevive despois de mortos..." Agustín Fernández Paz, O único que queda é o amor, Vigo, Xerais, 2007. Ilustracións de Pablo Auladell.
Fotografía de J. Lores publicada en Faro de Vigo, 24-10-2008.
Ningún comentario:
Publicar un comentario