Relación de finalistas dos premios AELG 2008.
Xabier P. Docampo , premio Irmandade do Libro:
Docampo desenvolve unha ampla traxectoria pedagóxica, que o leva a colaborar en distintas publicacións e, sobre todo, a afondar nun marco até entón pouco explorado en Galicia: a da oralidade. "Na oralidade", asegura o autor nunha recente entrevista, "reside a raíz e o cerne diso tan fuxidío que chamamos literatura. A orixe do feito literario está na palabra e esta é a esencia da oralidade. Calquera texto, por moi afastado que pareza estar do oral, aprehendémolo coma un resoar interior, coma un eco que nos vén de algures? Unhas veces dun lugar remoto no tempo e outras dun corazón descoñecido, pero sempre é un son que nos invade" (Galicia Hoxe, 21-3-09).
Cristina Ferreiro presenta o seu poemario Desequilibras e caer. Segundo declaracións da autora, trátase dun poemario do cotián, expresado cunha lingua cotiá, en verso libre apoiado na musicalidade.Documental para recuparar a figura de Lois Pereiro:
"En vida, publicou só dúas obras antes de morrer de sida: Poemas 1981/1991 (Positivas, 1992) e Poesía última de amor e enfermidade (Positivas, 1995). Foron suficientes para se gañar o respecto dos intelectuais galegos, entre os que se conta César Antonio Molina, quen, como recoda Martínez, “foi o responsable da aparición de Pereiro nunha antoloxía de poetas españois na editorial Anthropos” (Xornal de Galicia, 25-3-09).
Os lobos de Moeche , de Manel Cráneo, recrea en cómic as revoltas irmandiñas.Rubén Ruibal e César Candelas , gañadores do Premio de Teatro Radiofónico:
A historia dun eterno perdedor, o boxeador británico Peter Buckley, resultou ser a gañadora da terceira edición do Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural, o programa da Radio Galega, que dirixe Ana Romaní. Rubén Ruibal e César Candelas escribiron xuntos a peza e recollerán o galardón nunha gala que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña (Galicia Hoxe, 26-3-09).
Unha primavera para Aldara , de Teresa Moure, faise con varios premios de Teatro María Casares.Cincuenta anos d' A esmorga. Varios artigos fan lembranza da efeméride. No suplemento cultural Luces atopamos a reportaxe de Óscar Iglesias ("Blanco Amor e a censura infinita ") e a de Daniel Salgado ("A novela dun outsider "). Ambas as dúas tocan os aspectos máis sensibles do autor e da súa obra máis emblemática.
Anúnciase a edición de Cabalos do alén, obra coa que Xavier Lama gañou o González Garcés de poesía. Galicia Hoxe publica a entrevista de Lupe Gómez co escritor.
A AELG rende homenaxe a Mariví Villaverde, con todos os transterrados na memoria.
Imaxes de galegos.info (Cristina Ferreiro), Xornal de Galicia (Xavier Lama) e Galicia Hoxe (documental sobre Lois Pereiro).
Ningún comentario:
Publicar un comentario