Entre outras, a pasada quincena deixounos estas novas literarias:
Dor da claridade, primeiro poemario de Carlos Arias. M. Dopico fala co autor en Galicia Hoxe (18-2-09): "Dor da claridade é, segundo explica o seu autor nunha entrevista, o "descubrimemto da vida. Habitarme a min mesmo. Empezar a ver algo despois de ter os ollos pechados, cuns ollos máis limpos, abertos á realidade, guste ou non guste. A luz causa dor nos ollos cando vimos da escuridade...".
Manuel Rivas , premio Del Riego de periodismo.
Tamén viaxamos n' O Globo de Shakespeare. J. Miguel Giráldez fala con Jaureguizar, autor da novela da que temos noticia semanas atrás.
Rafael Laso Lorenzo tenta a sorte e a morte na novela A vida que non é.
Postos a cumprir anos, o futurismo xa vai indo polos cen. O xornal Le Figaro lémbrao con algúns artigos: "¿Que lle debemos ó futurismo? ", "Poesía e política " e "Marinetti o chauffard (chofer ruín) da arte".
Bieito Iglesias fala de lingua e literatura con Manuel Vidal Villaverde.
Reigosa estuda a Galicia máxica de García Márquez.
A compañía Bicodobrelo pon en escena a Comedia bífida de Núñez Singala.
Homenaxe a Rosalía: Rosalía21.
AGAL estuda e homenaxea a figura de Marinhas del Valle e recupera a súa obra.
Narciso de Gabriel narra o matrimonio de Elisa e Marcela (sucedeu en 1901).
Lembranza de Xosé Fariña Jamardo no seu cabodano.
Agustín Fernández Paz na feira de Boloña.
Fotos Antonio Hernández e Bicodobrelo, publicadas no Galicia Hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario