15.3.09

Noticias de literatura-56

Cincuenta aniños leva por este mundo Le Petit Nicolas (O pequeno Nicolás; fíxoo falar en galego María Luísa Álvarez Santamarina, de grata memoria para nós). Temos noticias de que foi ou vai ser levado ó cine.
Tamén están de aniversario os monicreques de Kukas: "No ano 1979, Isabel Rey e Marcelino de Santiago, Kukas, fundan Os Monicreques de Kukas, a compañía de teatro de marionetas máis antiga de Galicia. O seu traballo caracterízase por contribuír á dignificación do teatro de marionetas, tanto dende o punto de vista formal como argumental e textual, tratando temas preferentemente relacionados coa historia e as tradicións galegas" (Galicia Hoxe, 5-3-09). Celébrano coa representación de Un agasallo para Xaquín.
Xosé Manuel Eyré analiza a micronarrativa no libro Nin che conto. Para coñecer e gozar a micronarrativa .
Óscar Iglesias entrevista en Luces (El País) a Víctor Campio , poeta de publicación serodia, en parte por decisión propia e en parte por razóns alleas á súa vontade que o autor vai debullando ó longo da conversa co entrevistador.
Álvarez Blázquez lembrado e homenaxeado polos fillos. Poemas ao pai trátase dun conxunto de poemas dedicados a Xosé María Álvarez Blázquez dende a nostalxia, a admiración e o afecto (Faro de Vigo, 7-3-09).
Ollos de auga , traducida ó alemán.
Lupe Gómez entrevista a María Reimóndez , premiada co San Clemente.
Palabras para un baleiro, de Baldo Ramos , gaña a IX edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño: "acomete un achegamento existencialista, case filosófico, na procura dunha expresión que vai máis alá da propia poesía, algo que engasta ao mesmo tempo coa súa vertente como pintor" (Galicia Hoxe, 15-3-09).
Vicente Araguas presenta en Madrid Vinte e catro xeitos de querer a Brian: "Este poemario ofrece vinte e catro formas de querer a un amigo perdido. Un amigo, Brian Hughes, ó que Araguas lle dedica esta elixía funeraria. Un amigo que o leva a Glasgow, cidade que protagoniza o seu primeiro libro de poesías e que neste segundo volume dá comezo coa morte do mesmo o 11 de outubro no patio de luces da casa do poeta" (Galicia Hoxe, 15-3-09).
Este curso está sendo moi cruel coa nosa xente de letras. Raro é o mes, cando non a semana, que non atopamos a noticia necrolóxica nos papeis. Desta vez sorpréndenos o pasamento de AvelinoAbuín de Tembra.

Imaxes de Galicia Hoxe

Ningún comentario: