30.4.15

Noticias de literatura-160. Abril de 2015

Carmen Caramés tenta [...] poñerse no lugar dunha muller maltratada no seu poemario Dos días escuros (Xerais), co que gañou o XVII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A autora tratou, neste libro, de “entender”. De reparar no medo ou na indiferenza dos demais “que poden resultar tan paralizantes para a vítima” (Montse Dopico, Praza Pública).

Na miña casa, os cómics tiñan unha presenza importantísima. Líaos toda a familia, e algúns deles suscitaban moitos comentarios entre nós. Mercabamos tebeos na medida das nosas posibilidades, que eran poucas; mais había un intenso mercado secundario: os cambios e os préstamos. Deste xeito, sempre había tebeos novos para ler. O cine dos pobres, tenlles chamado alguén, e hai moito de verdade niso (entrevista de Eduardo Maroño, Praza Pública).
  • Premio Clubs de Lectura 2015: “Outorgado co gallo do Día Mundial do Libro, o premio destaca ao escritor como o máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo do pasado curso (Sermos Galiza, 24-04-2015). 

"A corporación decidiu dedicarlle a Casa da Cultura e a Biblioteca municipal á persoa do mundo das letras e da literatura que máis pode honrar a Monforte". As concelleiras Pilar López e María Xosé Vega presentaron os actos que este sábado se levarán a cabo na vila en homenaxe ao poeta e con motivo do Ano Lois Pereiro (Praza Pública, 09-04-2015).
 
Na publicación, os expertos defenden que "dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua" (Miguel Pardo, Praza Pública, 09-04-2015).

o seu último libro, que é, tal como el mesmo o define, “poesía dixital e transmedia”. Artefacto mestizo no que o texto interactúa con materiais de natureza diversa que convidan a unha lectura personalizada, sempre diferente (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 10-04-2015).

O libro A poesía oculta de Filgueira Valverde (Baia Edicións) desvelará en breve o proceso de pesquisa do investigador que ten nos distintos modelos de lingua a súa principal proba (Carme Vidal, Sermos Galiza, 08-04-2015). 

Esta xanela manuscrita aberta á intimidade do futuro poeta dá fe da voracidade coa que demandaba información e que, dende o galego, se estendía sen limitacións (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 10-04-2015).

[...] obra de teatro titulada Alalá das Curuxeiras que o investigador Isidro Fernández ten no seu poder despois de adquirir a un particular o arquivo procedente da Falange de Mondoñedo (C. V., Sermos Galiza, 11-04-2015). 

[...] este domingo día 12 presenta As cicatrices do Sol en Fornelos de Montes. Será no acto no que o poeta Luís Valle reciba o Premio Lueiro Rey de Poesía (Carme Vidal, Sermos Galiza, 12-04-2015).

[...] libro de poesía infantil O xardín de Irene, unha obra inspirada nunha nena da súa familia e coa que este recoñecido autor confesa "xogar a través das palabras" (El Correo Gallego, 18-04-2015).

Premio da Crítica 2014 na categoría de narrativa en galego a 'Zapatillas rotas', do lucense Xabier Quiroga; mentres que no apartado de poesía en galego foi para 'Celebración', do rianxeiro Gonzalo Hermo (El Correo Gallego, 19-04-2015).

O artífice de "A Primeira Meiga", Juan J. Prieto, confesa nunha  entrevista con Efe que quedou "prendado e namorado" da  peripecia de María Soliño, ben conservada na "memoria popular"  dun lugar máxico, Cangas do Morrazo (Pontevedra), porque resultou  sentenciada por ser, en realidade, "vítima dun plan moi malvado" (Sandra Sánchez, Galicia Hoxe, 25-04-2015).

Coincidindo co Día do Libro, este 23 de abril chega á rede o segundo número da Revista Criaturas, a publicación coordinada Ledicia Costas e Daniel Landesa, sobre literatura infantil e xuvenil que botou a andar o pasado mes de decembro. Neste número 1 (o de presentación foi número 0) os contidos xiran arredor do humor (Praza Pública, 23-04-2015).

o título alternativo ia ser Como podem as palavras mudar o mundo. Este tema já estava em Made in Galiza: a energia das palavras para mudar a sociedade. É um tema que me interessou todo este tempo. Ao chegar o Made in Galiza a tantas pessoas, eu mesmo descobri que a literatura tem, entre outras funções, mudar as cousas. Interessei-me, por isso, em procurar os caminhos que tem a palavra para transformar o presente (Montse Dopico, Praza Pública, 24-04-2015).

[...] «a proximidade da linguaxe ao público máis novo e a constancia na presentación de espazos e personaxes contemporáneos» para elegir ganador de su 13.ª edición Conduce rápido, novela de Diego Ameixeiras que conjuga elementos del género negro (M. Cobas, La Voz de Galicia, 26-04-2015).

25.4.15

Domingo Villar, 'A praia dos afogados'. Cuestionario

Imaxe: Editorial Galaxia
Para o club de lectura d'A praia dos afogados, de Domingo Villar.
Como vén sendo habitual, o presente cuestionario ten como obxectivo provocar o debate sobre algúns aspectos desta novela. (Tamén pode servir de base para algún tipo de exercicio académico. Hai profesores para todo).

CUESTIONARIO
  1. ¿Que utilidade poden ter os encabezamentos dos capítulos?
  2. Analizade a estrutura desta novela.
  3. Na novela, ademais da principal, aparecen outras historias que cómpre considerar. ¿Cales son? ¿Que función poden ter na construción do relato?
  4. Tanto n’ A praia dos afogados como na anterior novela Ollos de auga, o inspector Leo Caldas presenta características estrañas neste tipo de personaxe. Enumerádeas e comentádeas.
  5. Da lectura d’A praia dos afogados pode tirarse todo un manual sobre a manifestacións dos sentimentos. Para comezar, limitádevos a facer un esquema sobre este aspecto.
  6. Analizade as descricións na novela.
  7. Á parte da investigación dun asasinato, ¿que outras historias se desenvolven na novela?
  8. O tratamento do tema da morte n’A praia dos afogados.
  9. ¿Que tipo de programa de radio é o de Leo Caldas? ¿Que utilidade lle atopa?
  10. Debatede sobre o tipo e uso do humor que se fai na novela.
  11. Comentade os aspectos culinarios que se nos ofrecen na novela.
  12. Analizade os recursos que emprega o autor para crear a intriga.
  13. ¿Que se pode dicir da caracterización lingüística dos personaxes?
  14. ¿Que características presenta o método de investigación de Leo Caldas?
  15. Hai personaxes que teñen unha forma especial de ver a vida. Citade e comentade algún caso.
  16. Tamén hai personaxes que teñen predisposición a amargar a vida propia ou allea. Comentade algún caso.
  17. Nas reflexións e diálogos dos personaxes afloran problemas da sociedade e do mundo. Citade os principais e comentade o enfoque que se lles dá.
  18. Despois da lectura d’A praia, ¿poderiades dicir algo sobre a pervivencia das supersticións?
  19. Analizade como nace e medra a historia misteriosa do capitán Sousa.
  20. As referencias á musica que se atopan na novela, ¿teñen algunha función?
  21. O pai de Leo Caldas é un vello que sentencioso que se expresa de forma profunda e concisa. Comentade o sentido de “Non se madura, Leo. Só se envellece” (cap. Cambiar).
  22. Leo Caldas e Estévez son personaxes contrapostos. Este vía a franqueza extrema como virtude; aquel, como unha máscara para ocultar a crueldade (cap. “Cabo”). Debatede este aspecto.

6.4.15

María Xosé Queizán, 'Amor de tango'. Cuestionario

Imaxe: Edicións Xerais
Cuestionario para o debate do grupo de lectura da novela Amor de tango, de María Xosé Queizán.

CUESTIONARIO

  1. ¿Que significou para Margot e as mulleres do seu tempo o “alzamento nacional”?
  2. ¿Cal é a opinión máis estendida na época sobre os matrimonios morganáticos?
  3. A muller e os estudos universitarios segundo a novela.
  4. As clases sociais reflectidas na novela.
  5. Segundo a novela, ¿como é a sociedade viguesa de principios do século XX?
  6. Comentade as condicións de traballo na industria da salga.
  7. Enumerade e comentade as profesións das mulleres do común.
  8. Na novela cítase a miúdo a doutora Olimpia Valencia. Procurade información sobre ela e comentádea.
  9. Dade a vosa opinión sobre os convencionalismos dos que se fala na novela. Para empezar, reparade nas pp. 53-4.
  10. As visións da emigración na novela. Reparade especialmente na óptica da avoa de Chelo e da do Gaucho.
  11. ¿Como se resolve na novela o asunto da educación sentimental?
  12. ¿Que representa o Gaucho para a protagonista e para o resto da familia?
  13. Dade unha explicación para o título da novela.
  14. ¿Como se describe na novela a evolución de Margarita a Margot?
  15. O deporte: tratamento que se lle dá na novela.
  16. Ocio e cultura no Vigo de Amor de tango.
  17. Aspectos ideolóxicos e sociais máis salientables que aparecen na novela.
  18. Analizade as figuras materna e paterna  na novela. Tomade como base os pais da protagonista.
  19. Comentade a visión da Igrexa que se nos dá na novela.
  20. Mentres agarda que a maten, Alma lembra as palabras do “destemido revolucionario” ruso Bakounine (p. 141). Procurade información sobre este personaxe e debatede sobre a imaxe que se dá del na novela.
  21. Margot considérase unha “muller truncada” (p. 145). Xustificade esta afirmación.
  22. Analizade a implicación da autora na obra.
  23. Debatede sobre o sentido da liberdade da protagonista.
  24. Establecede o marco cronolóxico no que se desenvolve o argumento da novela. Xustificádeo cos feitos históricos máis salientables ou significativos.

5.4.15

Verbos galegos-11

http://www.daypo.com/verbos-galegos-11-regulares.html
 Verbos galegos-11. Exercicio para o repaso de verbos regulares en galego sen marear moito a cabeciña.
Prégase a comunicación de posibles erros ao cibercorreo da cabeceira. Beizón.

31.3.15

Noticias de literatura-159. Marzo de 2015

A violencia. As relacións de poder. A opresión. O racismo. A desigualdade crecente. A regresión en dereitos e liberdades. Todo isto conforma o desacougante fondo da obra de Ramón Caride. Fantasía e ciencia-ficción. Xénero negro. O autor vén de reunir os seus mellores relatos fantásticos en Flash-Black 13 (Montse Dopico, Praza Pública).
Neira Vilas está considerado o narrador que mellor expresa a dureza da vida labrega e o sentimento de desarraigo do emigrante galego (Luís Pousa, El Correo Gallego, 15-03-2015).
A nova obra do escritor Fran Alonso, de acceso libre, convida a reflexionar sobre a escrita e recepción da poesía, a divulgación, as posibilidades de interconexión a través da rede e mesmo sobre o propio concepto de obra literaria (Carme Vidal, Sermos Galiza, 21-03-2015).
Pasaron vinte e cinco anos. A súa casa natal en Ferrol derrúbase; sobre a súa obra e o seu pensamento, especialmente o lingüístico mais non só, paira o silencio, cando non o desprezo e  o sempre reclamado “Día das Letras” non chega (Xoán Costa, Sermos Galiza, 22-03-2015).
É un gran coñecedor [Ramón Blanco] da vida e da obra do poeta outiense por excelencia, Francisco Añón. Foi precisamente estando mergullado na traxectoria deste vate cando o escritor Ramón Blanco descubriu a obra da súa irmá, Nicolasa Añón. Aínda que se trata de sinxelas coplas romanceadas, pola época na que foron creadas, mediados do século XIX, obrigan a mudar a historia da literatura galega no relativo ás primeiras autoras ( M. X. Blanco, La Voz de Galicia, 12-03-2015).

25.3.15

Verbos galegos-10

http://www.daypo.com/verbos-galegos-10.html
 Verbos galegos-10.
Exercicio para practicar a conxugación verbal. Consiste en sinalar a forma verbal que estea no modo e tempo que se pide no enunciado da pregunta.

19.3.15

Lingua esgallada-55



 Lingua esgallada-55.

Exercicio para pór a lingua a punto. A actividade consiste en ir sinalando se se consideran correctas ou incorrectas as expresións que se propoñen.

28.2.15

Noticias de literatura-158. Febreiro de 2015

Rastros fala dun protagonismos colectivo, da explotación laboral desde a perspectiva das vítimas. Co concepto rastros fronte a rostros quérese sinalar a invisibilidade das vítimas. Só hai dous nomes propios no libro, o da percebeira Mercedes Veiga que morreu por non ser atendida a tempo e o do indixente O Pichón que apareceu morto na súa casa. Do resto, todos son sen nome (Carme Vidal, Sermos Galiza, 01-02-2015).

Ana Romaní tiña 25 anos cando vía a luz Palabra de mar. Aínda que recoñece que sempre tivo unha gran paixón pola lectura, a noiesa non acerta a lembrar cando comezou o seu idilio coas rimas: «Só sei que sendo unha cativa adoraba a obra de Rosalía de Castro. Non sei como chegou a min o libro, só que o atopei na casa por casualidade e quedei prendida del» (M. X. Blanco, La Voz de Galicia, 01-02-2015).

Con motivo da celebración, que aínda dura, ao redor de A esmorga, e en recordo do trinta e cinco anos da morte de Blanco Amor, María Xosé Queizán vén de publicar en Editorial Galaxia (a casa editorial de Blanco Amor, como ela mesma di) unha novela curta que talvez non sexa unha novela, senón un conxunto de fermosas revelacións, con Chile ao fondo (José Mguel Giráldez, “Blancoamoribundia”, El Correo Gallego, 07-02-2015).

Xohán Cabana considera que Dante «é o gran poeta do mundo, non atopei un libro no que estivese concentrada tanta humanidade como na Divina Comedia; se non é o mellor libro do mundo, é o libro individual de humanidade máis densa, máis cheo de condición humana, é unha auténtica xoia» (Rodri García, La Voz de Galicia, 05-02-2015).

Ovella descarreirada acolle un feixe variado de animais e temáticas complexas que encaixan unhas noutras para dar forma a unha especie de cosmovisión. Cada un dos animais protagonistas négase a tomar o camiño previsible ou agardado (Berta Dávila, El Correo Gallego, 11-02-2015).

Neira Vilas subliñou que ámbolos tres traballos comparten «un mesmo ton e afán evocador», títulos monosilábicos e unha forma poética (La Voz de Galicia, 12-02-2015).

É 1934, e a cidade recomponse tras o intento frustrado da proclamación do Estado catalán, nos días do estourido da revolución de Asturias. Coa loita de clases en plena efervescencia, os depredadores volven impoñer a súa lei. E Faraldo vese envolto na investigación dun asasinato e dunha desaparición que non son o que parecen. Diso vai Olympia Ring, 1934 (Galaxia), a nova novela de Xabier López (Motse Dopico, Praza Pública, 14-02-2015).

A lectura desta edición permite ler a Manuel Antonio do seu puño e letra, e coñecer mellor unha obra que se caracteriza pola «audacia, constancia e teimosía». Para Axeitos, nisto foron decisiva as reaccións negativas que suscitou o manifesto Máis Alá, de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro. «Fronte os que dicían que non tiña obra, púxose o reto de demostrarse, de ser capaz, a través dun traballo constante e sistemático» (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 16-02-2015).

Pierre corre A Diagonal dos Tolos, unha carreira case suicida, na illa Reunión, para gañar o dereito a recibir a súa herdanza e fuxir dun pasado familiar que doe. No mesmo lugar, e noutro tempo, o escravo P. loita por sobrevivir mentres o perseguen os seus amos. As vidas de ambos están unidas pola historia colonial (Montse Dopico, Praza Pública, 20-02-2015).

Este 24 de febreiro, aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, repodúcense dunha beira a outra de Galicia (e mesmo alén do Padornelo) as accións de homenaxe á poeta, que neste ano mesmo chegaron á porta de Google, a través dun celebrado doodle (Praza Pública).

El nuevo formato de edición digital del Consello da Cultura Galega permitirá la consulta de sus publicaciones desde cualquier dispositivo electrónico, de modo que el contenido se adapte a las características del aparato y al tipo de pantalla, sean teléfonos móviles, ordenadores o tabletas. Las primeras serán las actas de los congresos sobre Alvaro Cunqueiro y Rosalía de Castro, de 2011 y 2013, respectivamente (Vicente Plaza, El Correo Gallego, 28-02-2015).

Sobre Os días condenados, un poemario construído a base de citas que abren a porta ás distintas partes do libro, subliñou a súa «vocación narrativa» en canto que conta «unha historia de amor e desamor» xunto con outros temas coma o sexo, o abandono, a identidade ou a memoria (La Voz de Galicia, 26-02-2015).

Un home de 90 anos, Eliseo Sandamil, encárgalle a Nivardo Castro que investigue a súa morte cando esta se produza. Porque ten inimigos que o queren morto. Xa que o pasado non perdoa. E a memoria tampouco. Así comeza ‘A vinganza do defunto’ (Montse Dopico, Praza Pública, 27-02-2015).

Luís Valle, As cicatrices do Sol , Premio Lueiro Rey de Poesía
“Percorre, con dicción poderosa, as realidades máis universais: o amor, a dúbida, a esperanza, a orfandade, o pasar do Tempo”, sinalan na acta na que tamén destacan a súa “elaborada rede simbólica” e a “arquitectura de gran solidez na que predominan as fórmulas breves, ancoradas nunha disposición gráfica inusual, que corta a cantil a liña escrita e pauta en curto o fluír dos períodos” (Sermos Galiza, 27-02-2015).