Carmen Caramés tenta [...] poñerse no lugar dunha muller maltratada no seu poemario Dos días escuros (Xerais), co que gañou o XVII Premio Johán Carballeira do Concello de Bueu. A autora tratou, neste libro, de “entender”. De reparar no medo ou na indiferenza dos demais “que poden resultar tan paralizantes para a vítima” (Montse Dopico, Praza Pública).
Na miña casa, os cómics tiñan unha presenza importantísima. Líaos toda a familia, e algúns deles suscitaban moitos comentarios entre nós. Mercabamos tebeos na medida das nosas posibilidades, que eran poucas; mais había un intenso mercado secundario: os cambios e os préstamos. Deste xeito, sempre había tebeos novos para ler. O cine dos pobres, tenlles chamado alguén, e hai moito de verdade niso (entrevista de Eduardo Maroño, Praza Pública).
- Premio Clubs de Lectura 2015: “Outorgado co gallo do Día Mundial do Libro, o premio destaca ao escritor como o máis lido polos clubs de lectura do ámbito educativo do pasado curso (Sermos Galiza, 24-04-2015).
"A corporación decidiu dedicarlle a Casa da Cultura e a Biblioteca municipal á persoa do mundo das letras e da literatura que máis pode honrar a Monforte". As concelleiras Pilar López e María Xosé Vega presentaron os actos que este sábado se levarán a cabo na vila en homenaxe ao poeta e con motivo do Ano Lois Pereiro (Praza Pública, 09-04-2015).
Na publicación, os expertos defenden que "dificilmente se pode pensar nunha restauración social da lingua cando o que se pretende restaurar está fortemente erosionado polo español, cando se confunde autenticidade idiomática soamente con variedades coloquiais ou cando se parece tolerar con certa normalidade, mesmo en ámbitos académicos, inquietantes doses de hibridación con aquela lingua" (Miguel Pardo, Praza Pública, 09-04-2015).
o seu último libro, que é, tal como el mesmo o define, “poesía dixital e transmedia”. Artefacto mestizo no que o texto interactúa con materiais de natureza diversa que convidan a unha lectura personalizada, sempre diferente (entrevista de Montse Dopico, Praza Pública, 10-04-2015).
O libro A poesía oculta de Filgueira Valverde (Baia Edicións) desvelará en breve o proceso de pesquisa do investigador que ten nos distintos modelos de lingua a súa principal proba (Carme Vidal, Sermos Galiza, 08-04-2015).
Esta xanela manuscrita aberta á intimidade do futuro poeta dá fe da voracidade coa que demandaba información e que, dende o galego, se estendía sen limitacións (Xesús Fraga, La Voz de Galicia, 10-04-2015).
[...] obra de teatro titulada Alalá das Curuxeiras que o investigador Isidro Fernández ten no seu poder despois de adquirir a un particular o arquivo procedente da Falange de Mondoñedo (C. V., Sermos Galiza, 11-04-2015).
[...] este domingo día 12 presenta As cicatrices do Sol en Fornelos de Montes. Será no acto no que o poeta Luís Valle reciba o Premio Lueiro Rey de Poesía (Carme Vidal, Sermos Galiza, 12-04-2015).
[...] libro de poesía infantil O xardín de Irene, unha obra inspirada nunha nena da súa familia e coa que este recoñecido autor confesa "xogar a través das palabras" (El Correo Gallego, 18-04-2015).
Premio da Crítica 2014 na categoría de narrativa en galego a 'Zapatillas rotas', do lucense Xabier Quiroga; mentres que no apartado de poesía en galego foi para 'Celebración', do rianxeiro Gonzalo Hermo (El Correo Gallego, 19-04-2015).
O artífice de "A Primeira Meiga", Juan J. Prieto, confesa nunha entrevista con Efe que quedou "prendado e namorado" da peripecia de María Soliño, ben conservada na "memoria popular" dun lugar máxico, Cangas do Morrazo (Pontevedra), porque resultou sentenciada por ser, en realidade, "vítima dun plan moi malvado" (Sandra Sánchez, Galicia Hoxe, 25-04-2015).
Coincidindo co Día do Libro, este 23 de abril chega á rede o segundo número da Revista Criaturas, a publicación coordinada Ledicia Costas e Daniel Landesa, sobre literatura infantil e xuvenil que botou a andar o pasado mes de decembro. Neste número 1 (o de presentación foi número 0) os contidos xiran arredor do humor (Praza Pública, 23-04-2015).
o título alternativo ia ser Como podem as palavras mudar o mundo. Este tema já estava em Made in Galiza: a energia das palavras para mudar a sociedade. É um tema que me interessou todo este tempo. Ao chegar o Made in Galiza a tantas pessoas, eu mesmo descobri que a literatura tem, entre outras funções, mudar as cousas. Interessei-me, por isso, em procurar os caminhos que tem a palavra para transformar o presente (Montse Dopico, Praza Pública, 24-04-2015).
[...] «a proximidade da linguaxe ao público máis novo e a constancia na presentación de espazos e personaxes contemporáneos» para elegir ganador de su 13.ª edición Conduce rápido, novela de Diego Ameixeiras que conjuga elementos del género negro (M. Cobas, La Voz de Galicia, 26-04-2015).
Ningún comentario:
Publicar un comentario