A violencia. As relacións de poder. A opresión. O racismo. A desigualdade crecente. A regresión en dereitos e liberdades. Todo isto conforma o desacougante fondo da obra de Ramón Caride. Fantasía e ciencia-ficción. Xénero negro. O autor vén de reunir os seus mellores relatos fantásticos en Flash-Black 13 (Montse Dopico, Praza Pública).
Neira Vilas está considerado o narrador que mellor expresa a dureza da vida labrega e o sentimento de desarraigo do emigrante galego (Luís Pousa, El Correo Gallego, 15-03-2015).
A nova obra do escritor Fran Alonso, de acceso libre, convida a reflexionar sobre a escrita e recepción da poesía, a divulgación, as posibilidades de interconexión a través da rede e mesmo sobre o propio concepto de obra literaria (Carme Vidal, Sermos Galiza, 21-03-2015).
Pasaron vinte e cinco anos. A súa casa natal en Ferrol derrúbase; sobre a súa obra e o seu pensamento, especialmente o lingüístico mais non só, paira o silencio, cando non o desprezo e o sempre reclamado “Día das Letras” non chega (Xoán Costa, Sermos Galiza, 22-03-2015).
É un gran coñecedor [Ramón Blanco] da vida e da obra do poeta outiense por excelencia, Francisco Añón. Foi precisamente estando mergullado na traxectoria deste vate cando o escritor Ramón Blanco descubriu a obra da súa irmá, Nicolasa Añón. Aínda que se trata de sinxelas coplas romanceadas, pola época na que foron creadas, mediados do século XIX, obrigan a mudar a historia da literatura galega no relativo ás primeiras autoras ( M. X. Blanco, La Voz de Galicia, 12-03-2015).
Ningún comentario:
Publicar un comentario