Imaxe: Editorial Galaxia |
Como vén sendo habitual, o presente cuestionario ten como obxectivo provocar o debate sobre algúns aspectos desta novela. (Tamén pode servir de base para algún tipo de exercicio académico. Hai profesores para todo).
CUESTIONARIO
- ¿Que utilidade poden ter os encabezamentos dos capítulos?
- Analizade a estrutura desta novela.
- Na novela, ademais da principal, aparecen outras historias que cómpre considerar. ¿Cales son? ¿Que función poden ter na construción do relato?
- Tanto n’ A praia dos afogados como na anterior novela Ollos de auga, o inspector Leo Caldas presenta características estrañas neste tipo de personaxe. Enumerádeas e comentádeas.
- Da lectura d’A praia dos afogados pode tirarse todo un manual sobre a manifestacións dos sentimentos. Para comezar, limitádevos a facer un esquema sobre este aspecto.
- Analizade as descricións na novela.
- Á parte da investigación dun asasinato, ¿que outras historias se desenvolven na novela?
- O tratamento do tema da morte n’A praia dos afogados.
- ¿Que tipo de programa de radio é o de Leo Caldas? ¿Que utilidade lle atopa?
- Debatede sobre o tipo e uso do humor que se fai na novela.
- Comentade os aspectos culinarios que se nos ofrecen na novela.
- Analizade os recursos que emprega o autor para crear a intriga.
- ¿Que se pode dicir da caracterización lingüística dos personaxes?
- ¿Que características presenta o método de investigación de Leo Caldas?
- Hai personaxes que teñen unha forma especial de ver a vida. Citade e comentade algún caso.
- Tamén hai personaxes que teñen predisposición a amargar a vida propia ou allea. Comentade algún caso.
- Nas reflexións e diálogos dos personaxes afloran problemas da sociedade e do mundo. Citade os principais e comentade o enfoque que se lles dá.
- Despois da lectura d’A praia, ¿poderiades dicir algo sobre a pervivencia das supersticións?
- Analizade como nace e medra a historia misteriosa do capitán Sousa.
- As referencias á musica que se atopan na novela, ¿teñen algunha función?
- O pai de Leo Caldas é un vello que sentencioso que se expresa de forma profunda e concisa. Comentade o sentido de “Non se madura, Leo. Só se envellece” (cap. Cambiar).
- Leo Caldas e Estévez son personaxes contrapostos. Este vía a franqueza extrema como virtude; aquel, como unha máscara para ocultar a crueldade (cap. “Cabo”). Debatede este aspecto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario