28.10.12

Unha lectora fóra do común (de Alan Bennett). Cuestionario

Imaxe de Rinoceronte Editora
CUESTIONARIO para o club de lectura de Unha lectora fóra do común (de Alan Bennett).

  1. ¿Que razóns dá a raíña para xustificar a necesidade de ler?
  2. ¿Que descobre a raíña na literatura?
  3. A raíña define o libro de forma simpática e plástica. ¿Cal é esa definición? Comentádea. [P. 29]
  4. ¿Que actitude amosan en palacio pola lectura?
  5. Con respecto á lectura, ¿como se define a raíña? [Pp. 39, 75...]
  6. Comentade as relacións que a raíña vai establecendo cos autores das súas lecturas. [Cfr. p. 57]
  7. ¿Que cambios opera a lectura na protagonista?
  8. Analizade brevemente o personaxe de Norman.
  9. Cando a raíña comunica ós ministros que ten pensado escribir, ¿sobre que aspectos fai as primeiras reflexións? [87-9]
  10. Valorade o final sorpresivo do relato.
  11. Agora que rematastes a novela, analizade os aspectos positivos e negativos que comporta a actividade lectora.
  12. ¿Como se describe na novela o contorno político da raíña?
  13. Na novela fálase do sentido do deber. ¿Como se relacionan na obra a actividade lectora e o sentido do deber?
  14. A raíña é lonxeva. ¿Seriades quen de acoputar nun marco cronolóxico a vida que nos conta e sinalar, de paso, uns cantos feitos históricos salientables?
  15. Segundo a lectura, ¿cales son as funcións da realeza no país no que se ambienta a novela?



Alan Bennett, Unha lectora fóra do común. Cangas do Morrazo, Rinoceronte Editora, 2010. Tradución de Moisés Barcia.

21.10.12

Poemas de África lonxe (de Jorge Arrimar e Eduardo Bettencourt)

Jorge Arrimar
Imaxe de Póvoa de Varzim
EU SON SOSPEITOSO (fragmento)

Eu son sospeitoso...
A miña cor traizóame.
É clara como as velas
que un día atravesaron
os océanos sen fin
para escravizar...
...a pel escura
feita noite de temporal...
Os músculos desfacéndose
no líquido azucrado
da cobiza
ao rodar dos enxeños.
A liberdade esmagada
ao prezo do algodón...
As mañás de lucro
no peito dos poderosos
tinguindo o ocaso de dor...
Si! Eu son sospeitoso...
O instrumento
escorrendo dos planos arquitectados
na penumbra...
A miña pel é da cor
das velas dos negreiros...
Sobre ela pesa a culpa
de séculos da escravitude...
Mais... a historia condéname
polo que non fixen.



Jorge Arrimar / Eduardo Bettencourt, Poemas de África lonxe. Cangas do Morrazo, Barbantesa, 2010. Tradución de Penélope Pedreira.

O poeta habita unha pel incómoda.

6.10.12

Ricardo C. Mora. Prosas inmaculadas

Imaxe de Edicións Morgante.
Ricardo Collazo Mora xunta nesta obra un monllo de prosas que, a xeito de lampos, iluminan retallos do mundo que nos rodea e que o autor nos mostra con ollada unhas veces irónica e outras sarcástica.
A temática é moi ampla. A temas xerais coma o da relatividade da vida, o paso do tempo ou o do carpe diem xúntanselle experiencias vitais próximas ou gardadas na memoria, escenas de vida en parella, sexo, experiencias coas drogas, trato con mascotas e outros animais domésticos, proxectos frustrados ou ilusións goradas, imsomnia, felicidade ida, frustración... ata no suicidio (p. 47) e o utras experiencias que compoñen o caleidoscopio dunha vida non totalmente satisfactoria.
Non podemos considerar estas prosas “inmaculadas” sen botar man do sentido do humor. Neste sentido teñen unha utilidade práctica inmediata. A súa lectura resulta depurativa e favorece o dasabafo psicolóxico, mesmo para aqueles que nos consideremos basicamente felices.

Falan da obra



Ricardo C. Mora, Prosas inmaculadas. Cangas do Morrazo, Morgante, 2010.

30.9.12

Noticias de literatura-129. Setembro 2012

Foto: Gonzalo Iglesias/La Voz de Galicia.
Carlos Casares. Ángel Basanta fala con Camilo Franco sobre o noso autor:
se teño que dicir algo do conxunto da súa obra diría que é un exemplo perfecto de tradición e modernidade. Escolleu de xeito deliberado o realismo e foi aplicándolle descubertas das técnicas narrativas do século XX que el coñecía moi ben (La Voz de Galicia, 06-09-2012).
Agustín Fernández Paz, premio Facer País:
evidenciou o seu "decidido compromiso con Galicia e coa lingua galega", o que "o leva a mostrar actitudes dunha decidida defensa dos valores propios" da Comunidade, "aínda que isto supoña a renuncia a satisfaccións de carácter persoal" (Galicia Hoxe, 14-09-2012).
Victorino Pérez Prieto (ed.) presenta Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación:
Prisciliano e o priscilianismo é un dos temas máis apaixonantes da historia galega, hispana e europea. Un tema que interesa aínda hoxe polos máis diversos motivos: desde os intelectuais (históricos, relixiosos, pensamento...) ata os máis populares. O tema resulta atractivo por ser Prisciliano un rebelde relixioso e social que acadou un gran seguimento en vida en todos os estamentos sociais, e moito máis de morto (El Correo Gallego, 18-09-2012).
Léase tamén o artigo de Francisco Carballo, “Da condena á rehabilitación”, en Sermos Galiza.
Fina Calsalderrey e Francisco Castro publican O Neno Can:
Construído como unha antoloxía de cinco relatos curtos, o volume toma como referencia a declaración universal dos dereitos da infancia, da que selecciona algúns dos artigos máis sobresaíntes que se inclúen como separadores dos contos (El Correo Gallego,19-09-2012).
Imaxe: El País.
Xelís de Toro explora con O libro das pontes invisibles:
Porque lo que se ha propuesto De Toro (Santiago de Compostela, 1962) es ratificar su idea de que la literatura constituye una suerte de comunicación. A menudo atípica, pero comunicación. “Los textos del libro cumplen todos una misma función”, se explica, “crear un canal de comunicación con los demás y con uno mismo” (Daniel Salgado. El País, 17-09-2012).
Elías Portela/Knörr, poeta islandés. Reportaxe de José Antonio Guerrero (La Voz de Galicia, 22-09-2012):
Foto: Paula Prat/La Voz de Galicia.
Elías, que regresa de vez en cuando a su Cangas natal, ha triunfado con su último poemario, El marinero con caballos matutinos bajo el vestido, ya agotado. Sus versos en islandés también han sido traducidos al gallego (...).
Celso Emilio Ferreiro: Ramón Nicolás presenta a biografía do poeta celanovés.
O autor da biografía de Celso Emilio apunta tamén que o poeta «foi tremendamente popular en vida» e apuntou un paralelismo con Curros Enríquez «no proceso de mitificación en vida, un proceso que el viviu de lonxe e no que influíu que Celso Emilio representaba algo máis, simbolizaba a través das palabras os desexos de quen quería saír dunha vez da longa noite» (Camilo Franco, La Voz de Galicia,29-09-2012).
Máis información vía Caderno da crítica.
O Consello da Cultura presenta O(s) sentido(s) da(s) cultura(s):
Para Ramón Maiz, coordinador do seminario e compilador da obra, o libro permite un achegamento á pluralidade das significacións da cultura desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas". A publicación pode ser descargada desde os dispositivos móviles mediante o código QR (El Correo Gallego, 29-09-2012).

10.9.12

Poemas de África lonxe (de Jorge Arrimar e Eduardo Bettencourt)


Imaxe: culturagalega.org
SEN TÍTULO (fragmento)

Suei pola noite soños
estelares
e non apuñalei a esperanza
de todos os homes.
Todo home sente na súa
vida a necesidade de
cumprir unha obrigación,
mais eu non fixen da obrigación
obrigación; e con amor
soñei con estrelas na noite
da humanidade.


Jorge Arrimar / Eduardo Bettencourt, Poemas de África lonxe. Cangas do Morrazo, Barbantesa,
Eduardo Bettencourt Pinto. 
Foto: rtp.pt
2010. Tradución de Penélope Pedreira.
Este anaco do poema “Sen título” é unha boa mostra da liña intimista e á vez socialmente comprometida do autor angolano. Eduardo Bettencourt Pinto expresa con palabras sinxelas un soño manifestamente repetido: a limpeza de intencións no corazón dos homes; tema recorrente neste poeta, xunto cos da vida, a verdade, a paz e o sentimento da terra.
Entrevista con Eduardo Bettencourt.

3.9.12

"Putos profes"

Foto: Rdf (01-09-2012).
Agora que comezamos novo curso non reprimo a ansia de colgar no caderno esta especiosa mostra de amor e admiración polo profesorado. Podíanse facer moitos comentarios, mais agora só vou salientar a evidente competencia comunicativa (e dixital) do perpetrador, o coidado con que trata os bens públicos, a finura lingüística, a galanura de estilo e a beleza caligráfica.
É posible que acabe ostentando algún cargo público. Se así resulta, que Deus e mais o Demo o leven a outro país.
Só me alegra, e non moito, que o perpetrador non sexa bilingüe cordial.

31.8.12

Noticias de literatura-128. Agosto de 2012

Neira Vilas. Foto: Galciaé.
Neira Vilas presenta Esperando o leiteiro e mais 100 anos do himno galego:
A primeira delas narra as peripecias dun mozo que perde o coche polo que intentará emigrar no camión de leiteiro (Galiciaé, 07-08-2012).
Mahmud Darwix fala galego con Carné de identidade:
Mahmud Darwix (Al-birwà, Galilea, 1941-Houston, 2008), el escritor palestino cuyos poemas, repartidos en más de 20 obras, hablaron “do medo dos tiranos ás cancións” y “da maldición dos nomes”, “da música da carne humana” y de la “esperanza ferida”. Moncho Iglesias y Samar Sabat han convertido una antología de 48 de sus textos en el primer libro traducido directamente del árabe al gallego (El País, 13-08-2012).
Fenece a Mostra de Teatro de Cee:
Se acabó. El telón de Cee se ha vuelto de acero. La Mostra de Teatro —del 23 al 26 de agosto— baja las persianas y las lacra con una bosta y unas moscas. Así ponen los puntos sobre las íes a su última representación (El País, 13-08-2012).
Bernardino Graña. 
Foto: Xurxo Lobato/El País.
Bernardino Graña fotografado por Xurxo Lobato e explicado por Xulio López Valcárcel:
A flor de piel, a flor de agua, Bernardino Graña ha escrito algunas de las páginas más brillantes de la poesía contemporánea, Profecía do mar, Himno verde, Sen sombra e sen amor…, sin olvidar su contribución dramática y narrativa, referida esta última en especial a la literatura infanto-juvenil (El País, 26-08-2012).
Fina Casalderrey: O misterio do Faro Vello recomendado por El Correo Gallego (30-08-2012):
Unhas estrañas luces no faro, unha panda de nenos, un personaxe diabólico, unha mascota moi ben ensinada, unha avoa enigmática e unha auténtica amizade son os elementos que caracterizan a última achega narrativa de Fina Casalderrey.
Ramón Nicolás. 
Foto: La Voz de Galicia.
Ramón Nicolás, Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro:
Celso Emilio resulta, indubidablemente, herdeiro dese espírito dun galeguismo do grupo Nós (La Voz de Galicia, 31-08-2012).

5.8.12

Noticias de literatura-127. Xullo 2012

Foto: El País.
Xesús Alonso Montero publica Castelao na Unión Soviética en 1938:
A esa “piltrafa” le ha dedicado Xesús Alonso Montero las poco más de 200 páginas de su último libro, publicado en junio por Xerais. Castelao na Unión Soviética en 1938 no se esconde. Al contrario, gasta un subtítulo más que elocuente, Filocomunismo e prosovietismo de Castelao nos anos da Guerra Civil, y comenta un conjunto de textos, algunos inéditos y otros poco conocidos, “exhumados tardíamente y con deficiencias”, insiste el compilador, que retratan el periodo “marxistizante” de un artista e intelectual que sin embargo jamás militó en un partido proletario (Iago Martínez, El Pais, 30-06-2012).
Xabier P. Docampo fala da reedición d’ A nena de auga e o príncipe de lume:
Publicada por primeira vez en 1989, A nena de auga e o príncipe de lume é un libro infantil composto por contos individuais, que se estruturan co mesmo procedemento compositivo, isto é, todas as historias presentan un conflito inicial, representando por dous estados opostos, que é solucionado pola transformación e poder da esfera do marabilloso (El Correo Gallego, 10-07-2012).
Imaxe do blog da Editorial Trifolium.
Elena Poniatowska inicia con Lilus Kikus unha nova colección en Trifolium:
Lilus Kikus é como todas as nenas do mundo –en particular, as de antes-, mais non todas as nenas do mundo son como Lilus Kikus. Lilus é unha nena que fai, e pensa, e di o que todas as nenas penetrantes e inocentes. Porén, cando Lilus se pregunta a quen pertenece unha lagarta que ve todos os días, Lilus está a facer unha pregunta fundamental (do blog da editorial).
Henry David Thoreau, Camiñando (Axóuxere Editora):
Elva Souto se ha encargado de traducir esta obra datada en 1861 y concebida originalmente para su lectura en público. “Siguiendo su propia actitud vital, el autor de Walden revisita lo salvaje como sinónimo de libertad y hace una crítica de la domesticación del ser humano y del exceso de normativización de la vida en sociedad”, argumenta el editor Rafa Xaneiro. “Hay dos razones que explican por qué Thoreau es todavía actual: su absoluta coherencia entre el pensar y el actuar, que tanto echamos de menos, y su lucidez, porque vio hace 150 años lo que hoy estamos viviendo” (Iago Martínez, El País, 09-07-2012).
Víctor F. Freixanes: edición de Cabalo de ouros en castelán:
Esta novela é un retrato coral dunha "dura época", segundo indicou o autor este martes en declaracións a Europa Press, na que unha partida de cartas que se prolonga durante tres días e tres noites serve como "parábola" dun "mundo que se vai e que desaparece" (Galicia Hoxe, 11-07-2012).
Rosalía de Castro: conmemoración do 127º aniversario do pasamento:
Un activismo artellado ao redor da necesidade de fuxirmos do tópico da poeta que lle canta aos ríos, ás fontes e aos sentimentos para centrármonos na outra poeta, na rebelde, na que foxe dos xugos do seu home para porlle voz a un feminismo que non encaixaba co conformismo dos anos nos que lle tocou vivir. Ao redor tamén do desexo de reivindicármos a Rosalía nacionalista, a que escribiu aquelo de 'Pobre Galicia non debes chamarte nunca española, que España de ti s'olvida', e moitas outras palabras que non veñen nos libros de texto (Sermos Galiza, 15-07-2012).
Manuel Rivas entrevistado por Ángeles F. Maira (Galiciaé, 17-07-2012).

Alberto Alonso e Xurxo Torres presentan O horizonte da raíña:
Os autores explicaron en rolda de prensa que marcaron a pauta argumental -de feito, o libro comeza polo final- e o contexto histórico en que se desenvolve a trama, e que deixaron en mans dos lectores ata oito decisións de por onde tiña que discorrer a historia para chegar ao desenlace prefixado (Galiciaé, 18-07-2012).
Ramón Nieto gaña con As lavandas adáptanse a todo erro de navegación o González Garcés de Poesía:
O xurado [...] valorou da obra gañadora "o dominio do ritmo, a destreza no emprego das formas poéticas, a súa riqueza cultural e a forza metáfora das rimas" (Galicia Hoxe, 19-07-2012).
Foto: El País.
Francisco Pillado fala de teatro con Óscar Iglesias por mor da MIT:
“Un cielo tan cargado no despeja sin tormenta”, escribió Shakespeare, y esto igual. Pero si conseguimos superar el franquismo... Conviene acordarse de cuando Cunqueiro estrenó el Don Hamlet en 1959 en A Coruña... El censor Serrano Castilla le devuelve el texto a Avilés de Taramancos, ayudante de dirección, con la siguiente advertencia: “A este Hamlet me lo llevo yo al paredón”. Nos hurtaron la historia, cuando empecé con Manuel Lourenzo en O Facho pensábamos que sólo había dos obras de teatro en gallego, la de Cunqueiro y Os vellos non deben de namorarse (El País, 20-07-2012).
  • Máis sobre a MIT (El País, 20-07-2012)