Foto: Gonzalo Iglesias/La Voz de Galicia. |
se teño que dicir algo do conxunto da súa obra diría que é un exemplo perfecto de tradición e modernidade. Escolleu de xeito deliberado o realismo e foi aplicándolle descubertas das técnicas narrativas do século XX que el coñecía moi ben (La Voz de Galicia, 06-09-2012).
Agustín Fernández Paz, premio Facer País:
evidenciou o seu "decidido compromiso con Galicia e coa lingua galega", o que "o leva a mostrar actitudes dunha decidida defensa dos valores propios" da Comunidade, "aínda que isto supoña a renuncia a satisfaccións de carácter persoal" (Galicia Hoxe, 14-09-2012).
Victorino Pérez Prieto (ed.) presenta Prisciliano e o priscilianismo. Da condena á rehabilitación:
Prisciliano e o priscilianismo é un dos temas máis apaixonantes da historia galega, hispana e europea. Un tema que interesa aínda hoxe polos máis diversos motivos: desde os intelectuais (históricos, relixiosos, pensamento...) ata os máis populares. O tema resulta atractivo por ser Prisciliano un rebelde relixioso e social que acadou un gran seguimento en vida en todos os estamentos sociais, e moito máis de morto (El Correo Gallego, 18-09-2012).Léase tamén o artigo de Francisco Carballo, “Da condena á rehabilitación”, en Sermos Galiza.
Fina Calsalderrey e Francisco Castro publican O Neno Can:
Construído como unha antoloxía de cinco relatos curtos, o volume toma como referencia a declaración universal dos dereitos da infancia, da que selecciona algúns dos artigos máis sobresaíntes que se inclúen como separadores dos contos (El Correo Gallego,19-09-2012).
Imaxe: El País. |
Xelís de Toro explora con O libro das pontes invisibles:
Porque lo que se ha propuesto De Toro (Santiago de Compostela, 1962) es ratificar su idea de que la literatura constituye una suerte de comunicación. A menudo atípica, pero comunicación. “Los textos del libro cumplen todos una misma función”, se explica, “crear un canal de comunicación con los demás y con uno mismo” (Daniel Salgado. El País, 17-09-2012).
Elías Portela/Knörr, poeta islandés. Reportaxe de José Antonio Guerrero (La Voz de Galicia, 22-09-2012):
Elías, que regresa de vez en cuando a su Cangas natal, ha triunfado con su último poemario, El marinero con caballos matutinos bajo el vestido, ya agotado. Sus versos en islandés también han sido traducidos al gallego (...).
Foto: Paula Prat/La Voz de Galicia.
Celso Emilio Ferreiro: Ramón Nicolás presenta a biografía do poeta celanovés.
O autor da biografía de Celso Emilio apunta tamén que o poeta «foi tremendamente popular en vida» e apuntou un paralelismo con Curros Enríquez «no proceso de mitificación en vida, un proceso que el viviu de lonxe e no que influíu que Celso Emilio representaba algo máis, simbolizaba a través das palabras os desexos de quen quería saír dunha vez da longa noite» (Camilo Franco, La Voz de Galicia,29-09-2012).Máis información vía Caderno da crítica.
O Consello da Cultura presenta O(s) sentido(s) da(s) cultura(s):
Para Ramón Maiz, coordinador do seminario e compilador da obra, o libro permite un achegamento á pluralidade das significacións da cultura desde diversas tradicións intelectuais, olladas persoais e disciplinas académicas". A publicación pode ser descargada desde os dispositivos móviles mediante o código QR (El Correo Gallego, 29-09-2012).
Ningún comentario:
Publicar un comentario