6.10.12

Ricardo C. Mora. Prosas inmaculadas

Imaxe de Edicións Morgante.
Ricardo Collazo Mora xunta nesta obra un monllo de prosas que, a xeito de lampos, iluminan retallos do mundo que nos rodea e que o autor nos mostra con ollada unhas veces irónica e outras sarcástica.
A temática é moi ampla. A temas xerais coma o da relatividade da vida, o paso do tempo ou o do carpe diem xúntanselle experiencias vitais próximas ou gardadas na memoria, escenas de vida en parella, sexo, experiencias coas drogas, trato con mascotas e outros animais domésticos, proxectos frustrados ou ilusións goradas, imsomnia, felicidade ida, frustración... ata no suicidio (p. 47) e o utras experiencias que compoñen o caleidoscopio dunha vida non totalmente satisfactoria.
Non podemos considerar estas prosas “inmaculadas” sen botar man do sentido do humor. Neste sentido teñen unha utilidade práctica inmediata. A súa lectura resulta depurativa e favorece o dasabafo psicolóxico, mesmo para aqueles que nos consideremos basicamente felices.

Falan da obra



Ricardo C. Mora, Prosas inmaculadas. Cangas do Morrazo, Morgante, 2010.

Ningún comentario: